Despois da 3ª sesión, xa non queda máis que por mans o traballo e ir ideando as futuras creacións.
Menos mal que temos o Nadal!
Porque, sen dúbida, unha das tarefas que máis tempo conleva é facerse co material, que por outra banda ten que ser "creative commons".
Nova nisto, xa no curso pasado comezara a recopilación de imaxes, fotos e sons para poder compoñer os meus traballos. Pero quedoume pendente o tema da música, xa que o ser tan comercial, non me parecía doado atopar material CC de calidade...
...e sen embargo...
...no mundo existe moita xente con creatividade disposta a compartir.
Deixovos una mostra, atopada en ccmixter.org (entre moitas)
http://ccmixter.org/files/lazztunes07/11395
* nada que envidiar a Get Lucky :)
* moitas gracias a toda a xente que comparte o seu talento!!
sábado, 13 de diciembre de 2014
lunes, 8 de diciembre de 2014
PRIMEIROS PASOS
Tal e como di Celia, o GT vai xa pola súa segunda sesión. Pois ben, neste ambiente que ela describe xa tivemos coñecemento das novas aplicacións que nos servirán para elaborar contidos educativos, Mapa interactivo, Brincaletras e Xogamos.
Nestas primeiras prácticas con estas aplicacións, observamos como nuns poucos pasos, podemos elaborar actividades sinxelas dirixidas ao alumnado de diferentes idades.
Coas diversas opcións que nos ofrecen, ábrese un novo abano de posibilidades que se engaden ás que xa tiñamos coas aplicacións traballadas en cursos anteriores (Lim, Ardora, Gimp,...). O Mapa interactivo permítenos elaborar actividades partindo dunha imaxe e co Brincaletras é posible empregar letras ou números que nos guiarán polas preguntas a resolver sobre un tema dado. No caso de Xogamos a creación dos exercicios é un pouco máis laboriosa, e aínda temos que coñecer algúns aspectos.
En conxunto, estas novas ferramentas, e tamén LIM, poden reunirse dentro da aplicación que coñecemos o curso pasado, ARDORA. Deste xeito, o proxecto adquire maior unidade e favorece a presentación das actividades ao alumnado. Empregando un símil, sería como un estoxo que inclúe os materiais que precisamos en cada momento ou, agora que estamos preto do Nadal, unha caixa de agasallos onde atopamos diferentes sorpresas.
Mª Jesús.
Mª Jesús.
POR XUSTIZA A MIÑA TEN QUE SER A PRIMEIRA ENTRADA...
Ou máis ben a segunda, xa Carlos, el tan dilixente se adiantou...
Isto vai por ti Bea!!! que o curso pasado moita bronca me botaches por non facer entradas ao blog. E que razón tiñas, mil desculpas a todas, non me costaba nada facelo. Pois ajora sí vai:
A verdade é que aínda non sei moi ben que escribir: que xa levamos dúas sesións e que cando estou no curso pásaseme o tempo moi rápido, gústame moito ir facendo o que nos vai indicando Carlos (ou "fuchicando" mentres Carlos explica, que as mulleres somos quen de facer as dúas cousas á vez, je, je...).
É ademáis unha boa ocasión para poñernos na pel dos nosos alumnos e alumnas: un profe dando o coñazo (non é por ti eh? Carlos), e nos con ganas de soltar a gracia... Ay que paciencia!!
Pois nada, que este ano xa solo nos queda unha sesión e logo veñen as vacacións. Deixo un vídeo cunha idea para pedir aos reis magos, poida que xa a coñezades pero paréceme moi práctico... (a ver si o consigo, claro, que eu escribir escribo pá diante pero xa meter links, enlaces, e bla bla bla é outra historia). Ben, creo que xa está porque me di que your video will be hera when finish, que significa que o vídeo estará cando remate ou algo así, non María e Silvi??
Si é que ata aprendemos english!!
Moitos bicos a todas e un a Carlos que logo a Ángeles se me cela.
Celia

sábado, 29 de noviembre de 2014
GT CONTIDOS EDUCATIVOS COAS TIC
Estou aquí diante da pantalla pensando que escribir neste comezo dun novo proxecto de formación e ...Que vou contar que non saibades xa...Que ides poñer todo da vosa parte?, Que ides traballar máis do recollido no proxecto?, Que ides pedir máis do estipulado?, Que haberá algún intre de desánimo? Que haberá un mogollón de satisfacción?...Sería repetirme, non si? Polo tanto teño moi, moi difícil iniciar esta benvida ao Grupo de Traballo, quizais o vídeo que vos deixo o defina mellor e que sexamos "HAPPY" nesta nova andaina. Darlle dende esta páxina un saúdo e un bico moi grande a esas recentes mamás (e ós seus fillos tamén, de parte do tito Carlos) que non poden asistir este ano ao grupo de formación e ao resto pois nada, COMEZAMOS!
martes, 20 de mayo de 2014
POÑER UNHA IMAXE DE FONDO NUN ARQUIVO HMTL
Ben, o PFC rematou e seguides pedindo máis...Algún preguntou como se podería mellorar a estética nunha páxina en html de ARDORA sen empregar cores, ou sexa incluír unha imaxe de fondo. Pois aí vai algunha das maneiras de facelo. É ben sinxelo, debemos abrir co block de notas a páxina html, colocar o cursor dentro do tag body e poñer o seguinte texto:
Ata outra
style="background-image: url('logosuave.jpg')">
Ollo se temos a imaxe nun cartafol deberiamos indicar a ruta, por exemplo:
style="background-image: url('nome cartafol/nomearquivo')">
Ata outra
jueves, 24 de abril de 2014
LIGAZÓNS ÓS TRABALLOS FEITOS
Xa temos os primeiros traballos publicados na nosa web. Ó longo da semana que ven iremos "subindo" os outros. Aí van ás ligazóns (Preme na imaxe para acceder):
Food around the world (Inglés)
La acentuación. Parte I (Lengua Española)
Os castelos (Educación Infantil)
Operacións con decimais (Matemáticas)
Food around the world (Inglés)
Clothes (Inglés)
La acentuación. Parte I (Lengua Española)
Os castelos (Educación Infantil)
Operacións con decimais (Matemáticas)
Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro
Técnicas de estudo
Palestina, o país de Xesús
A que soa Galicia?
domingo, 13 de abril de 2014
ALELUIA!!
Aleluia!! un respiro despois dese "final".
Na miña primeira entrada neste blogue puxen a imaxe dun espazo web. Levaba un pendrive como aquel inicio onde Carlos nos meteu todo o material do curso;un ordenador que simulaba en proceso naquel intre e unha medalla como un bo traballo final .
Despois de moitas horas de desvelo e moitas desilusións ese proxecto final chegou.
Creo que cada un de nós fixo o que mellor puido (aínda que sabemos que todo é mellorable) e dos resultados puidemos aprender para outros posibles temas.
Ao longo do curso as nosas caras eran reflexo de como iamos funcionando.
Creo que o último día, e despois de ver os resultados, a nosa expresión era de satisfeitos.
E como nota final unha cita bíblica " Pedide, e darásevos; buscade, e atoparedes; chamade, e abrirásevos.
Porque todo o que pide, recibe; e o que busca, atopa; e ao que chama, abriráselle…" ( Mt 7, 7.8).
Esta frase vai porque Carlos dixo que intentou darnos todo o que pedimos, que foi moito.
Bicos compañeiros. Ardora creou un ambiente distinto entre nós.
Bego
jueves, 10 de abril de 2014
FIN DO PFC
Como quen di comezamos onte e aquí estamos...no final do noso proxecto de formación. Todo quedou dito na sesión de hoxe, a derradeira. Os traballos presentados reflectiron o traballo realizado. Máis aló das horas oficiais recoñecidas, o afán de superación de cada un de vós, afondando moito máis do inicialmente previsto crean un antes e despois neste proxecto de formación, certo é que motivou algún que outro agobio, e perda de FE nalgúns casos (Sor Cielito), aínda que logo atopou a luz do camiño (sería FENOSA ou Deus, nunca o saberemos), pero o resultado do visto hoxe é IMPRESIONANTE!. Só podo darvos os meus parabéns, felicitarvos e animarvos. Como escribín naquela primeira entrada neste blogue, a seguir traballando nese cambio metodolóxico...Nas vosas mans está decidir o tempo que ides estar traballando con esta aplicación.
GRAZAS a todos e todas pola vosa paciencia e comprensión. Queda aquí ese pequeno vídeo de despedida que resume de xeito humorístico dúas cousas GARDAR E PUBLICAR!... E lembrade o DESTINO (Sor Cielito capítulo I versículo 46).

domingo, 6 de abril de 2014
Visualizando o proxecto final
Despois dunha tarde longa e tendida con Ardora... , esa que nos trae a todos tolos, asoma "Sor" unha vez máis para contar como nos imos achegando ao remate do curso.
Amiguiños teño que expresa que o ambiente que se palpa no cole esta última semana é de "agobio" por falta de tempo para crear os nosos proxectos finais.
O día que houbo que matinar na maneira como enfocar as nosas unidades, direivos que naquela tarde todo era escuro, non vía a luz por ningún lado; unha sesión de frustración.
Despois na casa empecei a darlle voltas e máis voltas e unha luz foime abrindo camiño no medio das tebras( escribe Sor ; ten que notarse).
Alguén no cole me dicía que o Espirito só non chegaba, creo que algo fixo; outros que non perdera a fe en min mesma; ...
A estas alturas e despois dun gran tempo adicado ( moitos barrigazos) podo dicir que conseguín superar aquel atranco e o proxecto de Palestina está avanzado.
Son moitísimos pasos e moitas tareas a facer: escoita titoriais; abre actividade ardora; pausa o vídeo; cubre os campos; visualiza, non me gusta, cambia de novo; volve darlle ao ollo, grava e publica( pensa no destino); fai paquetes e busca aquel que mellor vai co teu tema ( logo seguro que non é o máis lexible); . . .
Neste proxecto están incluídas actividades interactivas, multimedias e outras en servidor.
Queda por finalizar para poder presentalo no próximo xoves ( esta semana vai ser en "corpo e alma").
Ao final vai ser o que dixo o profe: puxemos o listón moi alto!! jijijiji
Carlos ten moita confianza en nós e sabe que serán moi bos traballos.
Isto é o empurrón final.
A ver que sae compañeiros do camiño.
Bicos de Bego.

lunes, 31 de marzo de 2014
RECURSOS CON LICENZA CREATIVE COMMONS
Ola! Nestas semanas de elaboración dos nosos materiais con ARDORA, temos presente a necesidade de que os recursos que empregamos teñan licenza Creative Commons. Ahí van algúns enderezos web onde podedes atopar una manchea deles que cumplen este requisito.
Seguro que coñecedes moitas páxinas máis, que nos han ser de utilidade nesta ocasión e no futuro, aforrándonos bastante tempo na elaboración de materiais, e iso sempre se agradece...
martes, 25 de marzo de 2014
COMO MODIFICAR COR DE FONDO EN ARDORA
Ola a todos e todas:
Ese alumnado aventaxado que xa ten subidas actividades en Ardora na páxina web (máis adiante pasaremos os nomes e as matrículas dos seus vehículos) está a demandar a posibilidade de poñer unha cor de fondo nas páxinas html que xenera ARDORA (non confundir cos paquetes) e aquí vos presento unha opción doada de facer. Necesitades o bloc de notas de windows e GOOGLE. O proceso é o seguinte: Cando nós publicamos a actividade xenera un código html e debemos fixarnos no apartado que pon "body", para iso collemos o arquivo html e clicamos co botón dereito para abrilo co "bloc de notas" e comprobamos que o código é o seguinte <body> (ver imaxe 1), ou sexa en branco. Como facemos para darlle cor? Pois escribimos o seguinte códígo : <body style="background-color: #3366FF"> (Imaxe 2). O elemento con almofada seguido de números e letras é a cor (neste caso azul). Para cambiar a cor ides a GOOGLE e procurades unha páxina de cores hexadecimais e escolledes o que queirades. Deixo unha ligazón a unha páxina de cores : http://html-color-codes.info/codigos-de-colores-hexadecimales/
Imaxe 1
Imaxe 2
Espero que vos sirva de axuda! Por certo, as matrículas dos listillos son....
UNHA MOREA DE MATICES!!!!
Unha morea de matices é o que penso que ten ARDORA, unha morea de matices que intento comprender e organizar na miña cabeza.
Esfórzome por prestar toda a atención necesaria para procesar tanta información, aínda que ás veces, recoñezo que a miña mente desconecta incapaz xa de seguir introducindo máis datos. Será debido a que , quizais, teña que perfeccionar e mellorar a miña base informática para, logo, poder chegar a todos e cada un destes matices.
Aínda así, non penso rendirme e seguirei pensando no positivo deste cambio metodolóxico e no amplo abanico de posibilidades que pode ofrecernos para a nosa práctica diaria.
E, tamén, comentar que nesta última semana visualicei unha nova aplicación que nos ofrece ARDORA: presentar un traballo realizado na aula e subilo á páxina web e non só utilizalo para ensinar contidos.
ÁNIMOOO COMPAÑEIROS!!NÓS PODEMOS!!!!jueves, 20 de marzo de 2014
LIBRO... SI? NON? ÁS VECES?
Sendo mestra de Inglés, moitas veces me plantexo cal é a verdadeira razón do emprego do libro de texto na aula de idioma...
Por una banda, tense que mercar por parte dos alumnos (isto é evidente), e pola outra, como docente, teño a sensación de que me ata, porque ainda que se intenta non telo sempre de referencia, en moitas ocasións, por non decir case nunca, non permite adentrarse en proxectos de investigación e pon límites ó coñecemento.
Esta cuestión non se me presenta na etapa infantil, porque aquí sí que teño claro que NUNCA deberíamos anclar aos cativos a un libro de texto. Temos que deixar que disfruten do descubrimento dun novo idioma xogando, cantando, explorando e manipulando.
E por qué non na Primaria?
Sei que non é doado, e ainda menos no terceiro ciclo, desfacerse do libro de texto, que o da todo feito. Pero...
... e se, en lugar de ter un, temos moitos, moitísimos, a modo de consulta, nun rincón da aula?
E se facemos un uso complementario da biblioteca ou de Internet, coma fontes de coñecemento?
E que tal se empregamos aplicacións e ferramentas como formas diferentes de presentación de contidos?
Quizáis chegou o momento de crear, de esquematizar o que xa temos e comezar un desapego progresivo do libro de texto.
Sei que comprometerme con ARDORA vai implicar un traballo extra na casa, restar horas do meu tempo persoal e sumar moitos quebradeiros de cabeza (cómo era isto, agora non vai, por qué non mo abre?, sei que o tiña pero, onde?, xuraría que o publiquei, parecía tan fácil...!!, ala, volta a ler apuntes e ver vídeos explicativos,...), pero ó final, paga a pena arriscarse e apostar por una forma de ensinar e aprender diferente, sorprendente para eles e gratificante para nos.
Todavía queda moito camiño por percorrer e canto máis aprendemos, máis dúbidas xurden, pero creo que con esta ferramenta temos nas nosas mans unha chave para abrir portas cara a creatividade, a motivación e a independencia.
martes, 18 de marzo de 2014
Con que..."acojonado" profe?? Non sei o motivo...os demais estamos todos ben tranquilos:).
En fin...que certamente, isto do Ardora ten unha dificultade agochada que fai tamén que nos podamos plantexar diferentes obxectivos no noso traballo co alumnado, especialmente nos cursos superiores.
Fai dúas sesión que chegou ás nosas vidas as "actividades en servidor" e, dende entón...XA VIN A LUZ Ó FINAL DO TÚNEL!!Ben podería ser porque as miñas constantes vitais empezan a mermarse ou porque xa o teño todo clarísimo. Pos si! Finalmente comprendín que todo se reduce a:
1. Servidor: despensa na que cada un deixa a súa aportación e da que eu tamén me alimento.
2. Actividades en servidor: pos-its onde colgamos as nosas aportacións.
E ben, agora si que o temos todos e todas ben clariño, non si?? Non é preciso que me deades as grazas por estas aclaración (que sei foron de grande axuda) pero por si aínda queda algunha dúbida que resolver, deixo plasmación gráfica.
Ata outra meus!!

domingo, 16 de marzo de 2014
Bueno,bueno...outra vez por aqui.
Pois, a estas alturas de curso so podo decir unha cousa: "ESTOU ACOJONADO"
Teño esta sensación dende hai un par de sesións por varias cuestións.A verdade é que nunca me considerei un Pro das Tics, pero sei que non se me dan de todo mal. Preocúpame un pouco que teña que facer preguntas ó longo das sesións. Empezan a escapárseme algunhas cousas e por momentos aturúllome, o que demostra que isto non será tan sinxelo como pensaba. Resúltame complicado facerme un esquema xeral de todas as actividades, da súa elaboración. da súa presentación e de todo o que conleva ata a súa publicación final. Penso que o máis doado, para que realmente non resulte tan complexo, será practicar e practicar e como ben dice Carlos, darme un barrigazo e outro e outro ata conseguir ter claro o que quero e como facelo.Non estou desanimado, non vaiades pensar. Como ben dixen o comenzo, simplemente "acojonado". Sei o que custa manexarse con programas informáticos novos, por experiencia, e o Ardora, a mín non se me resiste,... bueno, iso tentarei.

jueves, 6 de marzo de 2014
ÓS MEUS NENOS DE 30 ANOS
Este era o título dun CD e penso que vai ben para estas reflexións, porque para min sodes eses nenos (non tan pequenos) que vos divertides , que aprendedes, que participades, que tamén vos aburrides e como bos nenos e nenas tamén incordiades. Pero que sería o ensino sen eses ingredientes...nada!, perderíase un pouco a salsa de como teño que motivarvos, como vos chego, que fago para que a prendizaxe sexa efectiva e non provocar rechazo, que non vos aburrades... Hoxe comezamos coas actividades en servidor, cos primeiros pasos: instalar un servidor Apache para visualizar as actividades, configurar ARDORA co servidor e por último a xestión de usuarios. Penso que todos e todas acadastes os coñecementos máis que suficientes para superar esta fase.
Precisamente quero dedicar esta "entrada" do blogue para tratar o tema da confianza nun mesmo. Como era de esperar unha vez máis na avaliación que fixemos conforme o establecido no proxecto ( e xa vai a segunda) a tendencia é a valorar moi positivamente o proxecto, a labor do coordinador e a labor do docente e ser máis críticos co voso traballo. E u non vou facer coma vós, penso que o proxecto está ben, que o coordinador o fai ben e que o relator o fai tamén ben, pero tamén digo que vos o facedes estupendamente (NO SOAP. significa para os de injlés non xabón, ou sexa que non vos fago a pelota). Está claro que cada un aporta o que pode e penso que a maioría vos gustaría aportar moito máis, pero non todo o mundo pode dispor de máis tempo, como tamén comentades nesas valoracións. O obxectivo final deste proxecto penso que está máis que logrado polos comentarios que vos mesmos facedes nas enquisas e neses intres máis distendidos (o intre do coffee): Novo xeito de traballar na aula, novas ideas á hora do traballo diario, novas perspectivas cara un cambio metodolóxico...VAIA SE O CONSEGUIMOS!. REFLEXIONAMOS E COMPROBAMOS QUE HAI POSIBILIDADES DUN CAMBIO NO NOSO FACER DIARIO. Isto é xa en si mesmo un gran éxito. PARABÉNS POIS A TODOS E TODAS!

Para finalizar, porque non quero que vos durmades, animarvos a seguir coa mesma ilusión neste tramo final e veredes que novas perspectivas vanse abrir con estas ACTIVIDADES EN SERVIDOR.
Para rematar vos deixo un vídeo de Peter Frampton coa cantiga "Show me the way" (Móstrame o camiño). Que ARDORA nos amose ese camiño para o cambio!
Moi boas noites a todas/os!
Ben, aínda que me rebelei coma unha nena caprichosa, ó final non deixo de ser esa nena eterna e aquí vai a miña reflexión (preparádevos)!!!
Capítulo I: Corría o ano 1986.O meu primeiro contacto cun ordenador.Xa vos podedes imaxinar unha aula de 8º chea de ordenadores no sótano do instituto.A linguaxe "go to", "enter", e todas esas palabras coas que tiñamos que elaborar nós un PROGRAMA(!) dalgún xeito fixéronme sentir unha auténtica inútil con isto da informática.Superei estas horas de matemáticas, que tiñamos os sábados pola mañá cada dúas semanas, grazas a un compi chamado Pascal.he aquí a orixe do meu trauma informático!
Capítulo II: Tardei moitos anos en ter un ordenador e o intento dun primeiro contacto foi máis que dubidoso. Pero...isto que é?resulta que os ordenadores nos anos 90 e tantos xa facían eles case todo.Unha só tiña que confirmar ou respostar ou o que fose.Bueno, parece que xa empezamos unha certa e tímida amizade.
Capítulo III: Non tiña moita necesidade de conectarme co meu amigo (o ordenado,r por si alguén botou a súa imaxión a voar) xa que sempre dispoñía de alguén que me solucionase as cousas.Q independencia é esta???Eu, unha muller-nena feita e dereita, dependente?Non!Isto non podía ser.
Capítulo IV: Chego ó CEIP Mestre Valverde Mayo.Ai, deus!Aquí a xente está moi posta.Vou disimular un pouco e facer que tamén entendo disto.Haha!!Paso á Dirección e alí ou aprendes, ou aprendes, e as cousas do día a día xa non me costaban traballo.Ë lóxico, se non tes costume de facer certas cousas, nunca se che afianzarán na cabeza.
The End: Aprendín a utilizar o Corel, a facer os programas dos festivais, insertar imaxes, participei VOLUNTARIAMENTE neses cursos que Carlos nos daba os martes despois da exclusiva de xeito altruista e con moita paciencia, logo o LIM que me sae estupendamente, e agora tamén aprenderei a manexar ARDORA.
Toda a teoría nun principio resulta espesa, pero unha vez que se teñen exemplos visuais e se fan prácticas, o mundo colle outra cor...ou é porque o tempo nos deu unha tregua e saiu o sol? Pois penso que o sol sempre sae, tamén no mundo ARDORA...

sábado, 1 de marzo de 2014
SESIÓN 9
Teño que recoñecer que aínda que o meu con Ardora, non foi, nin moito menos! un "amor a primeira vista", a medida que a nosa relación avanza, xa van 9 sesións, isto parece que vai cambiando, será por aquilo de que "o roce fai o cariño". Certo é que os comenzos non foron doados, (parecíame moito máis complexa, menos atractiva e menos axeitada para os "pequerrechos" que o L.I.M.), xa sei, "as comparacións sempre son odiosas". Pero co tempo, aínda que o de complexa non cambiou, creo que Ardora é unha ferramenta interesante e a ter en conta na nosa practica educativa diaria, xa que nos permite crear actividades motivadoras e dinámicas á vez que favorece o uso das T.I.C. no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Na sesión do xoves 27, presentamos as actividades multimedia que elaboramos na sesión anterior, e aínda que a que "nos caeu en sorte", e verdadeiramente foi unha sorte porque era moi doada, á miña "compi" e a min, non tiña maior interese, descubrín outras que encerran grandes posibilidades como o Libro, Zoom, Reproductores ou Panorama Interactivo.
O xoves, o Mestre nominado a "Os Globos de Ouro", eu podería engadir a nominación a "Santo Job", polo da paciencia (comigo), rematou a sesión dicindo: "xa estades capacitados para crear actividades en Ardora", ¡grazas Carlos pola túa confianza!, eu non me sinto aínda capaz, pero prometo non caer no desánimo.Paga a pena intentalo!
No A quedaba moito mellor Ardora!

viernes, 28 de febrero de 2014
SEMPRE NOS QUEDARÁN AS TICs
Ola a todos/as:
Este curso das TICs é como unha película onde hai moita mestura, comezando
polo director,Carlos, nominado aos globos de ouro,e con todas as críticas ao seu favor para arrasar neles.
polo director,Carlos, nominado aos globos de ouro,e con todas as críticas ao seu favor para arrasar neles.
Os actores principais son os meu compañeiros/as,estou a gusto no grupo,
pero a maioría das veces dame a impresión de que todos entenden antes que eu.
Síntome un hobbit nun mundo de elfos.
pero a maioría das veces dame a impresión de que todos entenden antes que eu.
Síntome un hobbit nun mundo de elfos.
Ás veces oio voces:"Rosa,tes que profundizar moito pola túa conta",e penso
de seguido:"Estaránme a facer Luz de gas?".
de seguido:"Estaránme a facer Luz de gas?".
Seguimos coa trama,deixando as particularidades a un lado.O argumento
principal está dentro das actividades multimedia que elaboramos a miña compañeira
màis eu no grupo:Temos que ir colocando figuras móbiles dentro de unha fixa(no
principal está dentro das actividades multimedia que elaboramos a miña compañeira
màis eu no grupo:Temos que ir colocando figuras móbiles dentro de unha fixa(no
noso caso simbólicas),o título da actividade chámase "elementos móbiles",cóstou pero
conseguímolo.Bego,cando te vexo no curso venme a mente unha das primeiras
conseguímolo.Bego,cando te vexo no curso venme a mente unha das primeiras
cancións de Amaral:"Sin tí no soy nada",por qué será????
Na peli son profe,por iso o que estamos vendo pode ser moi interesante e
proveitoso para as miñas clases,outro recurso máis para chegar a elas coas TICs.
Continuará...........
Un saúdo e ata o xoves
Rosa.
sábado, 22 de febrero de 2014
SEGUIMOS AVANZANDO
Benqueridos compañeiros!!
Levamos un tempo con esta misión de " coñecer a Ardora" ( quen será, como será, ...)
Xa se fixo compañeira da viaxe. Pero, como en toda relación de amizade, hai momentos máis levadeiros e outros máis duros.
Temos a sorte de contar cun bo Mestre de camiño. Grazas profe Carlos!
Na sesión do xoves 20, cada un de nós, elaborou, pasiño a pasiño, o seu espazo web
cos seus menús.
Eu como precisaba repasar todo aquilo púxenme de deberes crear un novo.
O resultado vou intentar insertalo como imaxe.
Entre menús gráficos e desplegables chegou a hora do destino.
Que vou dicir eu sendo a mestra de Relixión? Estará nas mans de Deus?
Onde queira que estea lembrade: mellor nunha ventá nova, jjjj.
Tamén comezamos a familiarizarnos coas actividades multimedia.
Estamos traballando en grupos para presentalos na vindeira sesión.
De seguro que o panorama será ben bonito.
E como remate dicir que, dentro das miñas posibilidades ( son ben poucas ), intento facer cousiñas co alumnado de aula Abalar. Quizais podía facer algo máis pero entre o pouco tempo que teño e as miñas dificultades nisto das tecnoloxías... Comparto con Fabián que paga a pena.
Aprendemos e pasamos bos momentos, aínda que algún xa nos deixou mal sabor, verdade?
Amén
VISUALIZANDO NOVO DESTINO....
Recoñezo que, tras a última sesión sobre ESPAZO WEB, visualizo moito mellor o DESTINO, xa que tiña unha morea de información que non chegaba a organizar na miña cabeciña... ( "a cabeza non para").
Repasamos todos xuntos paso a paso: imaxe interactiva, menú, medidas, ferramenta de mezcla, texto, arquivo save for web, espazo central, fondo, cabeceira, pé de páxina.... E, agora, podo decir que todos estes puntos quedáronme máis claros e resúltame máis atractivo para o noso alumnado que o PAQUETE DE ACTIVIDADES.
Despois deste repasiño, estivemos traballando as actividades multimedia por parellas. Non me resultou complicada. O único foi que tivemos un pequeno problema coas dimensións das imaxes. Gracias ao PHOTO RESIZER ( ferramenta que permite cambiar o tamaño de imáxenes ou fotografías dun xeito rápido) o solucionamos e conseguimos finalizar o noso traballo.
Destacar o importante que é entender a diferencia entre gardar, gardar como, publicar e, sen dúbida, ter claro o noso DESTINO. Por iso, quero aproveitar este blogue para dicirvos o afortunada que me sinto de formar parte deste gran equipo (o meu primeiro DESTINO DEFINITIVO).
Ánimo compañeiros!!!Nós podemos!!!
viernes, 14 de febrero de 2014
Por un novo modelo educativo.
A verdade é que, ata o de agora, as poucas ferramentas de autor que coñezo sempre me pareceron bastante espesas; moita preparación, moitos arquivos, carpetas, pestanas que encher, actividades para escoller....
Sen embargo, como titor, e ademais pola miña experiencia como titor Abalar, creo que debemos facer unha profunda reflexión e valorar a importancia de introducir estas ferramentas no noso proceso educativo. Logo, queda nas nosas mans escoller o momento, os contidos, as actividades e marcar os obxetivos que pretendemos para o noso alumnado. En definitiva, o que nos queda por facer é cambiar e experimentar unha nova metodoloxía, sabendo que temos,ou comezamos a ter, a formación precisa e a infraestructura axeitada para un novo modelo educativo.
Animádevos! Creo que pola miña experiencia e a que vós puxestes en práctica nalgún momento, merece a pena.

jueves, 13 de febrero de 2014
Na búsqueda de material
Algo novo para min neste curso, tendo en conta que non participei nas anteriores edicións, é o emprego de imaxes e sons con licencia Creative Commons, e dicir, feitos por e para compartir. Un traballo que eu xa tiña elaborado, despois de anos de docencia, é ter todo o meu material didáctico en carpetas clasificadas por temáticas, para atopalo todo cando o precisara, aforrando tempo.
E agora, a saber cales delas serán Creative Commons!!
Así que, volta a empezar: nova carpeta coas suas subcarpetas para gardar material Creative Commons que previamente se buscará surfeando na rede ou facendo creacións propias.
O feito de ter que elaborar unha pequeña mostra de actividades das moitas opcións que ofrece ARDORA, por una banda, fíxome reflexionar sobre a multitude de variantes que se poden obter cara a traballar certos contidos e, por outra, investigar na búsqueda de material. De todas as actividades que se repartiron ó grupo, as miñas mans chegaron as relativas ós sons. Como ben dixen antes, carecía de calquer tipo de material para poder elaboralas, e ainda menos de palabras pronunciadas, elemento indispensable neste caso.
Así que, despois de moito buscar, atopei una páxina moi interesante onde, previo rexistro, podedes descargar palabras pronunciadas en calquer idioma. Ainda máis, incluso podedes colaborar ca páxina deixando as vosas aportacións no idioma nativo.
http://es.forvo.com/
Ideal para as teachers!!

viernes, 7 de febrero de 2014
Unha nube de ideas
Unha nube como esta era a que tiña no meu maxín ó final da última sesión, unha manchea de ideas que asimilar e poñer en orde para presentar as actividades na aula.
Vendo os exemplos de Paquetes de actividades ou Espazo web queremos dominar ARDORA e ver axiña na práctica as actividades elaboradas. Pero á hora de crear os paquetes de actividades, debemos pensar onde se precisan títulos, como se organizan os arquivos e de que tipo son, etc... e aí aparecen as caras longas.
Despois de repousar todos estes contidos e procedementos, penso que para avanzar no coñecemento desta ferramenta e que cada vez saian mellor os nosos Paquetes de actividades e Espazos web, hai que seguir probando e practicando, aprendendo dos erros para mellorar.
Pouco a pouco esta nube estará máis clara e pasará o temporal!
jueves, 6 de febrero de 2014
Moi boas noites a tod@s!!!
Despois dunha merecida ducha ó remate dun día cargado de docencia, cursiño e temporal, párome a reflexionar de xeito "voluntario-forzoso" sobre a sesión de hoxe...
O entusiasmo de Carlos á hora de explicar podería ser moi contaxioso se eu non fose informáticamente tan analfabeta.O castelo de ilusións que fixen na miña cabeciña nas dúas últimas sesións, crendo que isto é pan comido, case case se me desmorona hoxe con tanta subcarpeta e subtítulos e subalgo. Pero non, non me rindo con tanta facilidade, xa que penso que esta ferramenta é moi útil e de proveito para o noso alumnado así que seguirei loitando contra a miña torpeza TIC e para iso necesito "fuchicar", errar e volver intentar ata que me saia como eu espero e quero.
Creo que foi unha grande ventaxa ter feito o cursiño LIM o curso pasado, xa que iso me axuda a comprender un pouco o vocabulario que se manexa este ano, aínda que teño un largo camiño por diante!!!
Pode ser que tamén a miña condición de "cu inquedo" e ver resultados XA sen tanta teoría previa inflúa na miña aprendizaxe e tamén aquí teño que madurar.
Nunca chegarei a dominar nada das TIC completamente, pero o que aprenda gustaríame conservalo sempre e iso só está na miña man e para as que están coma min: ÁNIMO!!!Nothing is impossible.

miércoles, 5 de febrero de 2014
POÑER SON EN ARDORA
Déborah plantexou a posibilidade de engadir son nas actividades ardora, pensando sempre nos máis pequenos. Vos presento aquí unha posible solución que dentro da miña ignoracia informática, que é moi ampla, atopei. Esta solución sería engadir un pequeno código HTML e un arquivo SWF. Isto sería viable só en presentacións de ESPAZOS WEB, non en PAQUETES ARDORA.
Vos deixo un vídeo cos pasos a seguir e vos animo a que o intentedes e en especial a Déborah.
Observo que a calidade do vídeo é mala, así que vos deixo o código a continuación para que poidades facer probas:

<embed src="nomedoson.swf" loop="true" autostar="true" hidden="true"></embed>
viernes, 31 de enero de 2014
Primeiras impresións
Tras dar os primeiros pasos ca ferramenta de autor: Ardora, e despois de aventurarnos na creación das nosas primeiras actividades, a primeira conclusión que saco é que trátase dunha ferramenta sinxela, accesible, intuitiva e moi útil para os docentes.
Considero un aspecto moi positivo a posibilidade de personalizar e adecuar os contidos dos nosos materiais ás características concretas dos nosos alumnos.
Opino que Ardora posee unha gran variedade de actividades, que poden destinarse a un abanico máis amplio que por exemplo o Lim, non pola dificultade das actividades, que podemos elixir sen problemas;senon porque contén xogos máis axeitados para idades máis avanzadas como a ESO.
No que se refire ó coñecemento técnico é sinxelo.O docente non ten que coñecer un código de programación para crear as actividades, únicamente terá que solicitar ó programa que cree unhas actividades seguindo unha serie de plantillas. Sendo certo que é sinxelo e que non require de moitos coñecementos técnicos, debemos de ter coidado á hora de seguir uns pasos para gardar as actividades, e se as modificamos, teremos que volver a xenerar o HTML , por exemplo.
Outra das ventaxas que atopo é a opción de que algunhas actividades xeneren solas as mesmas, facilitando moitas veces o ter que crear de xeito aleatorio por exemplo, cantidades ou números.
Ademáis ,outro aspecto positivo é a súa disponibilidade en varios idiomas, entre eles o galego.
Aínda que todavía é cedo para falar do nivel de presentación das actividades, opino que o resultado das mesmas vai a ser máis pobre que as elaboradas o curso anterior ca ferramenta de autor Lim.
Xa para ir rematando no meu comentario, gustaríame plantexar unha dúbida:cabería a posibilidade de por audio ás
actividades explicando o enunciado ós alumnos de Educación Infantil que aínda non aprenderon a ler?
Imaxino compañeiros que a medida que avancemos no curso poderemos dar resposta a este e outros interrogantes que xurdan, así como de intercambiar novas impresións e experiencias no manexo desta ferramenta de autor.
viernes, 24 de enero de 2014
Comezamos xa!
Pois ben, compañeiros e compañeiras, comezamos xa, fai un par de semanas, o novo PFC deste curso escolar. Nesta ocasión será ARDORA a ferramenta de autor que nos terá reunidos as tardes dos xoves e que nos brindará a oportunidade de elaborar actividades interactivas para o noso alumnado.
Trala primeira sesión na que contamos coa presenza da nosa coordinadora Tic no CFR, Cristina Puga, e unha segunda de nocións teóricas sinxelas e contacto visual co que imos ter entre mans, foi onte cando, finalmente, pasamos xa co que nos gusta, a acción!
A sesión comeza con reparto das actividades interactivas que nos ofrece ARDORA, e unha vez asignadas, ben en parella ou de xeito individual, poñémonos mans a obra. Contamos en todo momento cos videos de apoio que o noso coordinador abalar, Carlos elaborou con tanto esmero e que son de gran axuda neste proceso. Esta traballo de elaboración de actividades en Ardora continuará na seguinte sesión, e tentaremos que, nunha terceira, que será xa expositiva, sexamos quenes de amosar ós demáis os pasos precisos para a realización de cada unha delas e teñamos unha visión xeral de todas. Aproveitaremos para por en común, dúbidas, curiosidades, e aprendamos da experiencia que tivo cada un de nós.

martes, 14 de enero de 2014
Richard Gerver entrevistado en Redes
Como na sesión do outro día falamos de Richard Gerver, gustaríame compartir convosco este video onde Punset lle fai unha entrevista no programa de Redes.
O vídeo é cortiño, 13 minutos máis ou menos, recomendo que o vexades ;)
O vídeo é cortiño, 13 minutos máis ou menos, recomendo que o vexades ;)
lunes, 13 de enero de 2014
BENVIDA AO PFC ABALAR ARDORA
Como coordinador do PFC Abalar deste curso 2013/2014, quero aproveitar este blogue para darvos a todos e todas os que participades neste proxecto á benvida ao mesmo. Dende este medio gustaríme facer algunhas reflexións persoias que poidan axudar a un mellor e maior aproveitamento deste proxecto que desenvolveremos ó longo de case cinco meses. Cinco meses nos que tentaremos formarnos nesta ferramenta de autor, ARDORA de José Manuel Bouzán Matanza, e na que cada un decidirá posteriormente o tempo que seguirá ligado á mesma.
O fin deste proxecto é, entre outros, dotarnos de recursos, de medios que nos axuden a implementar dun xeito máis efectivo o emprego das novas tecnoloxías na aula. Isto, para tranquilidade de algúns ou de moitos, non significa ser uns "gurús" desta ferramenta, nin de calquera outra, non significa estar facendo tódolos días actividades avaliativas ou informativas; significa, ó meu entender, coñecer un medio e saber o que nos poder aportar para o noso traballo na aula. Debo insistir en que a ferramenta debe estar ó noso servizo e non ó contrario. Debemos pois reflexionar en primeiro lugar que quero traballar co meu alumnado, como o vou traballar, que medios teño a miña disposición e a partires deste intre pensar en como podo empregar esta ferramenta (ou outra calquera) do xeito máis efectivo para dar resposta a esas preguntas iniciais.
Para finalizar animo a todos e todas os que formades, formamos, parte deste PFC a particpar con ilusión e traballo neste proxecto que de seguro vai aportar novos recursos para o noso traballo diario cos nosos alumnos e alumnas.
Unha aperta do voso compañeiro
Carlos
viernes, 10 de enero de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)