Etiquetas

sábado, 22 de febrero de 2014

SEGUIMOS AVANZANDO



Benqueridos compañeiros!!
 
Levamos un tempo  con esta misión de " coñecer  a Ardora" ( quen será, como será, ...) 
Xa se fixo compañeira da viaxe. Pero, como en toda relación de amizade,  hai momentos máis levadeiros e outros máis duros. 
Temos a sorte de contar cun bo Mestre de camiño. Grazas profe Carlos! 

Na sesión do xoves 20, cada un de nós, elaborou, pasiño a pasiño, o seu  espazo web 
cos seus menús.
Eu como precisaba repasar todo aquilo púxenme de deberes  crear un novo. 
O resultado vou intentar insertalo como imaxe.
Entre menús gráficos e desplegables chegou a hora do destino.
Que vou dicir eu sendo a mestra de Relixión? Estará nas mans de Deus?
Onde queira que estea lembrade:  mellor nunha ventá nova, jjjj.

Tamén comezamos a familiarizarnos coas actividades multimedia. 
Estamos traballando en grupos para presentalos na vindeira sesión. 
De seguro que o panorama será ben bonito. 

E como remate dicir que, dentro das miñas posibilidades (  son ben poucas ), intento facer cousiñas co alumnado de aula Abalar. Quizais podía facer algo máis pero entre o pouco tempo que teño e as miñas dificultades nisto das tecnoloxías... Comparto con Fabián que paga a pena. 

Aprendemos e pasamos bos momentos, aínda que algún xa nos deixou mal sabor, verdade?

Amén

3 comentarios:

  1. Acabo de decatarme que escribín actividades interactivas en lugar de multimedia.
    Nada que dicir do mal que quedoun esa imaxe.

    ResponderEliminar
  2. Dentro da miña ignorancia, pero tauro, creo que fun quen de mellorar eses erros.
    Grazas ao Espírito que me alenta para superarme, jjj.
    Eu na mesma liña de retranca e ironías.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Que "potito" quedou o espazo web...Claro o ter enchufe divino...Noraboa! Ves como si podes.

    ResponderEliminar