Etiquetas

lunes, 31 de marzo de 2014

RECURSOS CON LICENZA CREATIVE COMMONS

Ola! Nestas semanas de elaboración dos nosos materiais con ARDORA, temos presente a necesidade de que os recursos que empregamos teñan licenza Creative Commons. Ahí van algúns  enderezos web onde podedes atopar una manchea deles que cumplen este requisito.


Seguro que coñecedes moitas páxinas máis, que nos han ser de utilidade nesta ocasión e no futuro, aforrándonos bastante tempo na elaboración de materiais, e iso sempre se agradece...

martes, 25 de marzo de 2014

COMO MODIFICAR COR DE FONDO EN ARDORA

Ola a todos e todas:
Ese alumnado aventaxado que xa ten subidas actividades en Ardora na páxina web (máis adiante pasaremos os nomes e as matrículas dos seus vehículos) está a demandar a posibilidade de poñer unha cor de fondo nas páxinas html que xenera ARDORA (non confundir cos paquetes) e aquí vos presento unha opción doada de facer. Necesitades o bloc de notas de windows e GOOGLE. O proceso é o seguinte: Cando nós publicamos a actividade xenera un código html e debemos fixarnos no apartado que pon "body", para iso collemos o arquivo html e clicamos co botón dereito para abrilo co "bloc de notas" e comprobamos que o código é o seguinte <body> (ver imaxe 1), ou sexa en branco. Como facemos para darlle cor? Pois escribimos o seguinte códígo : <body style="background-color: #3366FF"> (Imaxe 2). O elemento con almofada seguido de números e letras é a cor (neste caso azul). Para cambiar a cor ides a GOOGLE e procurades unha páxina de cores hexadecimais e escolledes o que queirades. Deixo unha ligazón a unha páxina de cores : http://html-color-codes.info/codigos-de-colores-hexadecimales/




 Imaxe 1
Imaxe 2


Espero que vos sirva de axuda! Por certo,  as matrículas dos listillos son....






UNHA MOREA DE MATICES!!!!

Unha morea de matices é o que penso que ten ARDORA, unha morea de matices que intento comprender e organizar na miña cabeza.
Esfórzome por prestar toda a atención necesaria para procesar tanta información, aínda que ás veces, recoñezo que a miña mente desconecta incapaz xa de seguir introducindo máis datos. Será debido a que , quizais, teña que perfeccionar e mellorar a miña base informática para, logo, poder chegar a todos e cada un destes matices.
Aínda así, non penso rendirme e seguirei pensando no positivo deste cambio metodolóxico e no amplo abanico de posibilidades que pode ofrecernos para a nosa práctica diaria.
E, tamén, comentar que nesta última semana visualicei unha nova aplicación que nos ofrece ARDORA: presentar un traballo realizado na aula e subilo á páxina web e non só utilizalo para ensinar contidos.
ÁNIMOOO COMPAÑEIROS!!NÓS PODEMOS!!!!




jueves, 20 de marzo de 2014

LIBRO... SI? NON? ÁS VECES?

Sendo mestra de Inglés, moitas veces me plantexo cal é a verdadeira razón do emprego do libro de texto na aula de idioma...
 
Por una banda, tense que mercar por parte dos alumnos (isto é evidente), e pola outra, como docente, teño a sensación de que me ata, porque ainda que se intenta non telo sempre de referencia, en moitas ocasións, por non decir case nunca, non permite adentrarse en proxectos de investigación e pon límites ó coñecemento.
 
Esta cuestión non se me presenta na etapa infantil, porque aquí sí que teño claro que NUNCA deberíamos anclar aos cativos a un libro de texto. Temos que deixar que disfruten do descubrimento dun novo idioma xogando, cantando, explorando e manipulando.
 
E por qué non na Primaria?
Sei que non é doado, e ainda menos no terceiro ciclo, desfacerse do libro de texto, que o da todo feito. Pero...
... e se, en lugar de ter un, temos moitos, moitísimos, a modo de consulta, nun rincón da aula?
E se facemos un uso complementario da biblioteca ou de Internet, coma fontes de coñecemento?
E que tal se empregamos aplicacións e ferramentas como formas diferentes de presentación de contidos?
 
Quizáis chegou o momento de crear, de esquematizar o que xa temos e comezar un desapego progresivo do libro de texto.
 
Sei que comprometerme con ARDORA vai implicar un traballo extra na casa, restar horas do meu tempo persoal e sumar moitos quebradeiros de cabeza (cómo era isto, agora non vai, por qué non mo abre?, sei que o tiña pero, onde?, xuraría que o publiquei, parecía tan fácil...!!, ala, volta a ler apuntes e ver vídeos explicativos,...), pero ó final, paga a pena arriscarse e apostar por una forma de ensinar e aprender diferente, sorprendente para eles e gratificante para nos.
 
Todavía queda moito camiño por percorrer e canto máis aprendemos, máis dúbidas xurden, pero creo que con esta ferramenta temos nas nosas mans unha chave para abrir portas cara a creatividade, a motivación e a independencia.
 

Libros, caminos y días dan al hombre sabiduría
Proverbio árabe
 
 

martes, 18 de marzo de 2014

Con que..."acojonado" profe?? Non sei o motivo...os demais estamos todos ben tranquilos:).
En fin...que certamente, isto do Ardora ten unha dificultade agochada que fai tamén que nos podamos plantexar diferentes obxectivos no noso traballo co alumnado, especialmente nos cursos superiores.
Fai dúas sesión que chegou ás nosas vidas as "actividades en servidor" e, dende entón...XA VIN A LUZ Ó FINAL DO TÚNEL!!Ben podería ser porque as miñas constantes vitais empezan a mermarse ou porque xa o teño todo clarísimo. Pos si! Finalmente comprendín que todo se reduce a:
1. Servidor: despensa na que cada un deixa a súa aportación e da que eu tamén me alimento.
2. Actividades en servidor: pos-its onde colgamos as nosas aportacións.

E ben, agora si que o temos todos e todas ben clariño, non si?? Non é preciso que me deades as grazas por estas aclaración (que sei foron de grande axuda) pero por si aínda queda algunha dúbida que resolver, deixo plasmación gráfica.
Ata outra meus!!

domingo, 16 de marzo de 2014

Bueno,bueno...outra vez por aqui.
Pois, a estas alturas de curso so podo decir unha cousa: "ESTOU ACOJONADO"
Teño esta sensación dende hai un par de sesións por varias cuestións.A verdade é que nunca me considerei un Pro das Tics, pero sei que non se me dan de todo mal. Preocúpame un pouco que teña que facer preguntas ó longo das sesións. Empezan a escapárseme algunhas cousas e por momentos aturúllome, o que demostra que isto non será tan sinxelo como pensaba. Resúltame complicado facerme un esquema xeral de todas as actividades, da súa elaboración. da súa presentación e de todo o que conleva ata a súa publicación final. Penso que o máis doado, para que realmente non resulte tan complexo, será practicar e practicar e como ben dice Carlos, darme un barrigazo e outro e outro ata conseguir ter claro o que quero e como facelo.Non estou desanimado, non vaiades pensar. Como ben dixen o comenzo, simplemente "acojonado". Sei o que custa manexarse con programas informáticos novos, por experiencia, e o Ardora, a mín non se me resiste,... bueno, iso tentarei.

jueves, 6 de marzo de 2014

ÓS MEUS NENOS DE 30 ANOS

Este era o título dun CD e penso que vai ben para estas reflexións, porque para min sodes eses nenos (non tan pequenos) que vos divertides , que aprendedes, que participades, que tamén vos aburrides e como bos nenos e nenas tamén incordiades. Pero que sería o ensino sen eses ingredientes...nada!, perderíase un pouco a salsa de como teño que motivarvos, como vos chego, que fago para que a prendizaxe sexa efectiva e non provocar rechazo, que non vos aburrades... Hoxe comezamos coas actividades en servidor, cos primeiros pasos: instalar un servidor Apache para visualizar as actividades, configurar ARDORA co servidor e por último a xestión de usuarios. Penso que todos e todas acadastes os coñecementos máis que suficientes para superar esta fase.
Precisamente quero dedicar esta "entrada" do blogue para tratar o tema da confianza nun mesmo. Como era de esperar unha vez máis na avaliación que fixemos conforme o establecido no proxecto ( e xa vai a segunda) a tendencia é a valorar moi positivamente o proxecto, a labor do coordinador e a labor do docente e ser máis críticos co voso traballo. E u non vou facer coma vós, penso que o proxecto está ben, que o coordinador o fai ben e que o relator o fai tamén ben, pero tamén digo que vos o facedes estupendamente (NO SOAP.  significa para os de injlés non xabón, ou sexa que non vos fago a pelota). Está claro que cada un aporta o que pode e penso que a maioría vos gustaría aportar moito máis, pero non todo o mundo pode dispor de máis tempo,  como tamén comentades nesas valoracións. O obxectivo final deste proxecto penso que está máis que logrado polos comentarios que vos mesmos facedes nas enquisas e neses intres máis distendidos (o intre do coffee): Novo xeito de traballar na aula, novas ideas á hora do traballo diario, novas perspectivas cara un cambio metodolóxico...VAIA SE O CONSEGUIMOS!.  REFLEXIONAMOS E COMPROBAMOS QUE HAI POSIBILIDADES DUN CAMBIO NO NOSO FACER DIARIO. Isto é xa en si mesmo un gran éxito. PARABÉNS POIS A TODOS E TODAS!
Para finalizar, porque non quero que vos durmades, animarvos a seguir coa mesma ilusión neste tramo final e veredes que novas perspectivas vanse abrir con estas ACTIVIDADES EN SERVIDOR.
Para rematar vos deixo un vídeo de Peter Frampton coa cantiga "Show me the way" (Móstrame o camiño). Que ARDORA nos amose ese camiño para o cambio!  

Moi boas noites a todas/os!
Ben, aínda que me rebelei coma unha nena caprichosa, ó final non deixo de ser esa nena eterna e aquí vai a miña reflexión (preparádevos)!!!
Capítulo I: Corría o ano 1986.O meu primeiro contacto cun ordenador.Xa vos podedes imaxinar unha aula de 8º chea de ordenadores no sótano do instituto.A linguaxe "go to", "enter", e todas esas palabras coas que tiñamos que elaborar nós un PROGRAMA(!) dalgún xeito fixéronme sentir unha auténtica inútil con isto da informática.Superei estas horas de matemáticas, que tiñamos os sábados pola mañá cada dúas semanas, grazas a un compi chamado Pascal.he aquí a orixe do meu trauma informático!
Capítulo II: Tardei moitos anos en ter un ordenador e o intento dun primeiro contacto foi máis que dubidoso. Pero...isto que é?resulta que os ordenadores nos anos 90 e tantos xa facían eles case todo.Unha só tiña que confirmar ou respostar ou o que fose.Bueno, parece que xa empezamos unha certa e tímida amizade.
Capítulo III: Non tiña moita necesidade de conectarme co meu amigo (o ordenado,r por si alguén botou a súa imaxión a voar) xa que sempre dispoñía de alguén que me solucionase as cousas.Q independencia é esta???Eu, unha muller-nena feita e dereita, dependente?Non!Isto non podía ser.
Capítulo IV: Chego ó CEIP Mestre Valverde Mayo.Ai, deus!Aquí a xente está moi posta.Vou disimular un pouco e facer que tamén entendo disto.Haha!!Paso á Dirección e alí ou aprendes, ou aprendes, e as cousas do día a día xa non me costaban traballo.Ë lóxico, se non tes costume de facer certas cousas, nunca se che afianzarán na cabeza.
The End: Aprendín a utilizar o Corel, a facer os programas dos festivais, insertar imaxes, participei VOLUNTARIAMENTE neses cursos que Carlos nos daba os martes despois da exclusiva de xeito altruista e con moita paciencia, logo o LIM que me sae estupendamente, e agora tamén aprenderei a manexar ARDORA.
Toda a teoría nun principio resulta espesa, pero unha vez que se teñen exemplos visuais e se fan prácticas, o mundo colle outra cor...ou é porque o tempo nos deu unha tregua e saiu o sol? Pois penso que o sol sempre sae, tamén no mundo ARDORA...

sábado, 1 de marzo de 2014

SESIÓN 9

Teño que recoñecer que aínda que o meu con Ardora, non foi, nin moito menos! un "amor a primeira vista", a medida que a nosa relación avanza, xa van 9 sesións, isto parece que vai cambiando, será por aquilo de que "o roce fai o cariño". Certo é que os comenzos non foron doados, (parecíame moito máis complexa, menos atractiva e menos axeitada para os "pequerrechos" que o L.I.M.), xa sei, "as comparacións sempre son odiosas". Pero co tempo, aínda que o de complexa non cambiou, creo que Ardora é unha ferramenta interesante e a ter en conta na nosa practica educativa diaria, xa que nos permite crear actividades motivadoras e dinámicas á vez que favorece o uso das T.I.C. no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Na sesión do xoves 27, presentamos as actividades multimedia que elaboramos na sesión anterior, e aínda que a que "nos caeu en sorte", e verdadeiramente foi unha sorte porque era moi doada, á miña "compi" e a min, non tiña maior interese, descubrín outras que encerran grandes posibilidades como o Libro, Zoom, Reproductores ou Panorama Interactivo.
O xoves, o Mestre nominado a "Os Globos de Ouro", eu podería engadir a nominación a "Santo Job", polo da paciencia (comigo), rematou a sesión dicindo: "xa estades capacitados para crear actividades en Ardora", ¡grazas Carlos pola túa confianza!, eu non me sinto aínda capaz, pero prometo non caer no desánimo.Paga a pena intentalo!



No A quedaba moito mellor Ardora!