Tal e como di Celia, o GT vai xa pola súa segunda sesión. Pois ben, neste ambiente que ela describe xa tivemos coñecemento das novas aplicacións que nos servirán para elaborar contidos educativos, Mapa interactivo, Brincaletras e Xogamos.
Nestas primeiras prácticas con estas aplicacións, observamos como nuns poucos pasos, podemos elaborar actividades sinxelas dirixidas ao alumnado de diferentes idades.
Coas diversas opcións que nos ofrecen, ábrese un novo abano de posibilidades que se engaden ás que xa tiñamos coas aplicacións traballadas en cursos anteriores (Lim, Ardora, Gimp,...). O Mapa interactivo permítenos elaborar actividades partindo dunha imaxe e co Brincaletras é posible empregar letras ou números que nos guiarán polas preguntas a resolver sobre un tema dado. No caso de Xogamos a creación dos exercicios é un pouco máis laboriosa, e aínda temos que coñecer algúns aspectos.
En conxunto, estas novas ferramentas, e tamén LIM, poden reunirse dentro da aplicación que coñecemos o curso pasado, ARDORA. Deste xeito, o proxecto adquire maior unidade e favorece a presentación das actividades ao alumnado. Empregando un símil, sería como un estoxo que inclúe os materiais que precisamos en cada momento ou, agora que estamos preto do Nadal, unha caixa de agasallos onde atopamos diferentes sorpresas.
Mª Jesús.
Mª Jesús.
No hay comentarios:
Publicar un comentario