sábado, 22 de febrero de 2014
VISUALIZANDO NOVO DESTINO....
Recoñezo que, tras a última sesión sobre ESPAZO WEB, visualizo moito mellor o DESTINO, xa que tiña unha morea de información que non chegaba a organizar na miña cabeciña... ( "a cabeza non para").
Repasamos todos xuntos paso a paso: imaxe interactiva, menú, medidas, ferramenta de mezcla, texto, arquivo save for web, espazo central, fondo, cabeceira, pé de páxina.... E, agora, podo decir que todos estes puntos quedáronme máis claros e resúltame máis atractivo para o noso alumnado que o PAQUETE DE ACTIVIDADES.
Despois deste repasiño, estivemos traballando as actividades multimedia por parellas. Non me resultou complicada. O único foi que tivemos un pequeno problema coas dimensións das imaxes. Gracias ao PHOTO RESIZER ( ferramenta que permite cambiar o tamaño de imáxenes ou fotografías dun xeito rápido) o solucionamos e conseguimos finalizar o noso traballo.
Destacar o importante que é entender a diferencia entre gardar, gardar como, publicar e, sen dúbida, ter claro o noso DESTINO. Por iso, quero aproveitar este blogue para dicirvos o afortunada que me sinto de formar parte deste gran equipo (o meu primeiro DESTINO DEFINITIVO).
Ánimo compañeiros!!!Nós podemos!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Moi ben Bea.
ResponderEliminarAínda que non o fixeramos xuntas, por iso do traballo coperativo, esforzámonos por deixar pegada do noso esforzo.
Que bonitas palabras!!
ResponderEliminarEstupendo Bea. O importante é que creades en vós e teñades claro que se pode conseguir. Pasiño a pasiño ides collendo máis confianza e en breve ides amosar esos estupendos resultados na tarefa final. EU teño moita, moita confianza en vós.
ResponderEliminarUn saúdo