Etiquetas

viernes, 24 de enero de 2014

Comezamos xa!

Pois ben, compañeiros e compañeiras, comezamos xa, fai un par de semanas, o novo PFC deste curso escolar. Nesta ocasión será ARDORA a ferramenta de autor que nos terá reunidos as tardes dos xoves e que nos brindará a oportunidade de elaborar actividades interactivas para o noso alumnado.
Trala primeira sesión na que contamos coa presenza da nosa coordinadora Tic no CFR, Cristina Puga, e unha segunda de nocións teóricas sinxelas e contacto visual co que imos ter entre mans, foi onte cando, finalmente, pasamos xa co que nos gusta, a acción!
A sesión comeza con reparto das actividades interactivas que nos ofrece ARDORA, e unha vez asignadas, ben en parella ou de xeito individual, poñémonos mans a obra. Contamos en todo momento cos videos de apoio que o noso coordinador abalar, Carlos elaborou con tanto esmero e que son de gran axuda  neste proceso. Esta traballo de elaboración de actividades en Ardora continuará na seguinte sesión, e tentaremos que, nunha terceira, que será xa expositiva, sexamos quenes de amosar ós demáis os pasos precisos para a realización de cada unha delas e teñamos unha visión xeral de todas. Aproveitaremos para por en común, dúbidas, curiosidades, e aprendamos da experiencia que tivo cada un de nós.

1 comentario:

  1. Xenial Montse este comentario inicial. Moi bo traballo ;) Ánimo aos demais e ánimo tamén con esas actividades.

    ResponderEliminar