Bueno,bueno...outra vez por aqui.
Pois, a estas alturas de curso so podo decir unha cousa: "ESTOU ACOJONADO"
Teño
esta sensación dende hai un par de sesións por varias cuestións.A
verdade é que nunca me considerei un Pro das Tics, pero sei que non se
me dan de todo mal. Preocúpame un pouco que teña que facer preguntas ó
longo das sesións. Empezan a escapárseme algunhas cousas e por momentos
aturúllome, o que demostra que isto non será tan sinxelo como pensaba.
Resúltame complicado facerme un esquema xeral de todas as actividades,
da súa elaboración. da súa presentación e de todo o que conleva ata a
súa publicación final. Penso que o máis doado, para que realmente non
resulte tan complexo, será practicar e practicar e como ben dice Carlos,
darme un barrigazo e outro e outro ata conseguir ter claro o que quero e
como facelo.Non estou desanimado, non vaiades pensar. Como ben dixen o
comenzo, simplemente "acojonado". Sei o que custa manexarse con programas informáticos novos, por experiencia, e o Ardora, a mín non se me resiste,... bueno, iso tentarei.

Fabián!!
ResponderEliminarTeño unha idea do ben que traballas cos nenos. Se ti dís "ESTOU ACOJONADO", imaxina que podemos dicir o resto ( algúns, eu alomenos).
Pero algo supoño que sairá. Mantédevos firmes na fe.
Bego