Etiquetas

viernes, 28 de febrero de 2014

SEMPRE NOS QUEDARÁN AS TICs



          Ola a todos/as:
          Este curso das TICs é como unha película onde hai moita mestura, comezando
polo director,Carlos, nominado aos globos de ouro,e con todas as críticas ao seu favor para arrasar neles.
          Os actores principais son os meu compañeiros/as,estou a gusto no grupo,
pero a maioría das veces dame a impresión de que todos entenden antes que eu.        
Síntome un hobbit nun mundo de elfos.
          Ás veces oio voces:"Rosa,tes que profundizar moito pola túa conta",e penso
de seguido:"Estaránme a facer Luz de gas?".
          Seguimos coa trama,deixando as particularidades a un lado.O argumento
principal está dentro das actividades multimedia que elaboramos a miña compañeira
màis eu no grupo:Temos que ir colocando figuras móbiles dentro de unha fixa(no
noso caso simbólicas),o título da actividade chámase "elementos móbiles",cóstou pero
conseguímolo.Bego,cando te vexo no curso venme a mente unha das primeiras
cancións de Amaral:"Sin tí no soy nada",por qué será????
          Na peli son profe,por iso o que estamos vendo pode ser moi interesante e
proveitoso para as miñas clases,outro recurso máis para chegar a elas coas TICs.

                                                                                                                Continuará...........
           Un saúdo e ata o xoves

           Rosa.
              

2 comentarios:

  1. Que bonito artigo Rosa, jeje esa lembranza da canción de Amaral é a mellor forma de expresar a valía do traballo colaborativo, e vese que ti con Bego colaborades moi ben.

    Ánimo que estades avanzando moi ben, e ademáis encántanme asvossreflexións no blogue.

    Cris

    ResponderEliminar
  2. " Los días que pasan...;
    me siento tan rara, las tardes del jueves se vuelven amargas ( algunhas).
    Me río sin ganas... "
    Sorrí Rosa que isto é pan comido; nunca mellor dito, jj.

    ResponderEliminar