Precisamente quero dedicar esta "entrada" do blogue para tratar o tema da confianza nun mesmo. Como era de esperar unha vez máis na avaliación que fixemos conforme o establecido no proxecto ( e xa vai a segunda) a tendencia é a valorar moi positivamente o proxecto, a labor do coordinador e a labor do docente e ser máis críticos co voso traballo. E u non vou facer coma vós, penso que o proxecto está ben, que o coordinador o fai ben e que o relator o fai tamén ben, pero tamén digo que vos o facedes estupendamente (NO SOAP. significa para os de injlés non xabón, ou sexa que non vos fago a pelota). Está claro que cada un aporta o que pode e penso que a maioría vos gustaría aportar moito máis, pero non todo o mundo pode dispor de máis tempo, como tamén comentades nesas valoracións. O obxectivo final deste proxecto penso que está máis que logrado polos comentarios que vos mesmos facedes nas enquisas e neses intres máis distendidos (o intre do coffee): Novo xeito de traballar na aula, novas ideas á hora do traballo diario, novas perspectivas cara un cambio metodolóxico...VAIA SE O CONSEGUIMOS!. REFLEXIONAMOS E COMPROBAMOS QUE HAI POSIBILIDADES DUN CAMBIO NO NOSO FACER DIARIO. Isto é xa en si mesmo un gran éxito. PARABÉNS POIS A TODOS E TODAS!
Para finalizar, porque non quero que vos durmades, animarvos a seguir coa mesma ilusión neste tramo final e veredes que novas perspectivas vanse abrir con estas ACTIVIDADES EN SERVIDOR.
Para rematar vos deixo un vídeo de Peter Frampton coa cantiga "Show me the way" (Móstrame o camiño). Que ARDORA nos amose ese camiño para o cambio!
Mi madriña!!!Que pintas!!!Está ben o título escollido para "showarnos o way", e nós aí estamos, cada xoves, con vento, tronos ou sol.Grazas por confiar es nós, MAESTRO, e perdoa polos intres de incordia, pero o escorpión sempre será un escorpión...
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarTiña eu un mestre na EXB ( director cando comencei a traballar nese mesmo centro) que nos poñía música porque dicía que amansaba ás "fieras".
ResponderEliminar" !Que haya música! " dí Richard Gerver no seu libro CREAR HOY LA ESCUELA DEL MAÑANA; comenta que traballa mellor con música de fondo.
No título desta canción tamén me viu á mente unha canción " Amósame Señor os camiños da vida"; era obvio co tiña que mencionar, jj
Desde logo a música amansa as "fieras" e xera novas emocións ;)
ResponderEliminarQue baixo o sol de Frampton (e amparados polo gran Gerver), Ardora nos guíe no camiño.
Con NO SOAP como di Carlos, moi bo traballo a todo o grupo, e encántame o voso blogue e os vosos artigos.