Como coordinador do PFC Abalar deste curso 2013/2014, quero aproveitar este blogue para darvos a todos e todas os que participades neste proxecto á benvida ao mesmo. Dende este medio gustaríme facer algunhas reflexións persoias que poidan axudar a un mellor e maior aproveitamento deste proxecto que desenvolveremos ó longo de case cinco meses. Cinco meses nos que tentaremos formarnos nesta ferramenta de autor, ARDORA de José Manuel Bouzán Matanza, e na que cada un decidirá posteriormente o tempo que seguirá ligado á mesma.
O fin deste proxecto é, entre outros, dotarnos de recursos, de medios que nos axuden a implementar dun xeito máis efectivo o emprego das novas tecnoloxías na aula. Isto, para tranquilidade de algúns ou de moitos, non significa ser uns "gurús" desta ferramenta, nin de calquera outra, non significa estar facendo tódolos días actividades avaliativas ou informativas; significa, ó meu entender, coñecer un medio e saber o que nos poder aportar para o noso traballo na aula. Debo insistir en que a ferramenta debe estar ó noso servizo e non ó contrario. Debemos pois reflexionar en primeiro lugar que quero traballar co meu alumnado, como o vou traballar, que medios teño a miña disposición e a partires deste intre pensar en como podo empregar esta ferramenta (ou outra calquera) do xeito máis efectivo para dar resposta a esas preguntas iniciais.
Para finalizar animo a todos e todas os que formades, formamos, parte deste PFC a particpar con ilusión e traballo neste proxecto que de seguro vai aportar novos recursos para o noso traballo diario cos nosos alumnos e alumnas.
Unha aperta do voso compañeiro
Carlos
Moi boa introdución e reflexión. Gracias Carlos polas túas palabras de ánimo para todos. E encantada de participar convosco nesta aventura ;)
ResponderEliminar