Etiquetas

viernes, 28 de febrero de 2014

SEMPRE NOS QUEDARÁN AS TICs



          Ola a todos/as:
          Este curso das TICs é como unha película onde hai moita mestura, comezando
polo director,Carlos, nominado aos globos de ouro,e con todas as críticas ao seu favor para arrasar neles.
          Os actores principais son os meu compañeiros/as,estou a gusto no grupo,
pero a maioría das veces dame a impresión de que todos entenden antes que eu.        
Síntome un hobbit nun mundo de elfos.
          Ás veces oio voces:"Rosa,tes que profundizar moito pola túa conta",e penso
de seguido:"Estaránme a facer Luz de gas?".
          Seguimos coa trama,deixando as particularidades a un lado.O argumento
principal está dentro das actividades multimedia que elaboramos a miña compañeira
màis eu no grupo:Temos que ir colocando figuras móbiles dentro de unha fixa(no
noso caso simbólicas),o título da actividade chámase "elementos móbiles",cóstou pero
conseguímolo.Bego,cando te vexo no curso venme a mente unha das primeiras
cancións de Amaral:"Sin tí no soy nada",por qué será????
          Na peli son profe,por iso o que estamos vendo pode ser moi interesante e
proveitoso para as miñas clases,outro recurso máis para chegar a elas coas TICs.

                                                                                                                Continuará...........
           Un saúdo e ata o xoves

           Rosa.
              

sábado, 22 de febrero de 2014

SEGUIMOS AVANZANDO



Benqueridos compañeiros!!
 
Levamos un tempo  con esta misión de " coñecer  a Ardora" ( quen será, como será, ...) 
Xa se fixo compañeira da viaxe. Pero, como en toda relación de amizade,  hai momentos máis levadeiros e outros máis duros. 
Temos a sorte de contar cun bo Mestre de camiño. Grazas profe Carlos! 

Na sesión do xoves 20, cada un de nós, elaborou, pasiño a pasiño, o seu  espazo web 
cos seus menús.
Eu como precisaba repasar todo aquilo púxenme de deberes  crear un novo. 
O resultado vou intentar insertalo como imaxe.
Entre menús gráficos e desplegables chegou a hora do destino.
Que vou dicir eu sendo a mestra de Relixión? Estará nas mans de Deus?
Onde queira que estea lembrade:  mellor nunha ventá nova, jjjj.

Tamén comezamos a familiarizarnos coas actividades multimedia. 
Estamos traballando en grupos para presentalos na vindeira sesión. 
De seguro que o panorama será ben bonito. 

E como remate dicir que, dentro das miñas posibilidades (  son ben poucas ), intento facer cousiñas co alumnado de aula Abalar. Quizais podía facer algo máis pero entre o pouco tempo que teño e as miñas dificultades nisto das tecnoloxías... Comparto con Fabián que paga a pena. 

Aprendemos e pasamos bos momentos, aínda que algún xa nos deixou mal sabor, verdade?

Amén

VISUALIZANDO NOVO DESTINO....


Recoñezo que, tras a última sesión sobre ESPAZO WEB, visualizo moito mellor o DESTINO, xa que tiña unha morea de información que non chegaba a organizar na miña cabeciña... ( "a cabeza non para").
Repasamos todos xuntos paso a paso: imaxe interactiva, menú, medidas, ferramenta de mezcla, texto, arquivo save for web, espazo central, fondo, cabeceira, pé de páxina.... E, agora, podo decir que todos estes puntos quedáronme máis claros e resúltame máis atractivo para o noso alumnado que o PAQUETE DE ACTIVIDADES.
Despois deste repasiño, estivemos traballando as actividades multimedia por parellas. Non me resultou complicada. O único foi que tivemos un pequeno problema coas dimensións das imaxes. Gracias ao  PHOTO RESIZER ( ferramenta que permite cambiar o tamaño de imáxenes ou fotografías dun xeito rápido) o solucionamos e conseguimos finalizar o noso traballo.
Destacar o importante que é entender a diferencia entre gardar, gardar como, publicar e, sen dúbida, ter claro o noso DESTINO.  Por iso, quero aproveitar este blogue para dicirvos o afortunada que me sinto de formar parte deste gran equipo (o meu primeiro DESTINO DEFINITIVO).
Ánimo compañeiros!!!Nós podemos!!!

viernes, 14 de febrero de 2014

Por un novo modelo educativo.

A verdade é que, ata o de agora, as poucas ferramentas de autor que coñezo sempre me pareceron bastante espesas; moita preparación, moitos arquivos, carpetas, pestanas que encher, actividades  para escoller....
Sen embargo, como titor, e ademais pola miña experiencia como titor Abalar, creo que debemos facer unha profunda reflexión e valorar a importancia de introducir estas ferramentas no noso proceso educativo. Logo, queda nas nosas mans escoller o momento, os contidos, as actividades e marcar os obxetivos que pretendemos para o noso alumnado. En definitiva, o que nos queda por facer é cambiar e experimentar unha nova metodoloxía, sabendo que temos,ou comezamos a ter, a formación precisa e a infraestructura axeitada para un novo modelo educativo.
Animádevos!  Creo que pola miña experiencia  e a que vós puxestes en práctica nalgún momento, merece a pena.

jueves, 13 de febrero de 2014

Na búsqueda de material

Algo novo para min neste curso, tendo en conta que non participei nas anteriores edicións, é o emprego de imaxes e sons con licencia Creative Commons, e dicir, feitos por e para compartir. Un traballo que eu xa tiña elaborado, despois de anos de docencia, é ter todo o meu material didáctico en carpetas clasificadas por temáticas, para atopalo todo cando o precisara, aforrando tempo.
E agora, a saber cales delas serán Creative Commons!!
Así que, volta a empezar: nova carpeta coas suas subcarpetas para gardar material Creative Commons que previamente se buscará surfeando na rede ou facendo creacións propias.
O feito de ter que elaborar unha pequeña mostra de actividades das moitas opcións que ofrece ARDORA, por una banda, fíxome reflexionar sobre a multitude de variantes que se poden obter cara a traballar certos contidos e, por outra, investigar na búsqueda de material. De todas as actividades que se repartiron ó grupo, as miñas mans chegaron as relativas ós sons. Como ben dixen antes, carecía de calquer tipo de material para poder elaboralas, e ainda menos de palabras pronunciadas, elemento indispensable neste caso.
 Así que, despois de moito buscar, atopei una páxina moi interesante onde, previo rexistro, podedes descargar palabras pronunciadas en calquer idioma. Ainda máis, incluso podedes colaborar ca páxina deixando as vosas aportacións no idioma nativo.
http://es.forvo.com/
Ideal para as teachers!!

viernes, 7 de febrero de 2014

Unha nube de ideas




Unha nube como esta era a que tiña no meu maxín ó final da última sesión, unha manchea de ideas que asimilar e poñer en orde para presentar as actividades na aula.
Vendo os exemplos de Paquetes de actividades ou Espazo web queremos dominar ARDORA e ver axiña na práctica as actividades elaboradas. Pero á hora de crear os paquetes de actividades,  debemos pensar onde se precisan títulos, como se organizan os arquivos e de que tipo son, etc... e aí aparecen as caras longas.
Despois de repousar todos estes contidos e procedementos, penso que para avanzar no coñecemento desta ferramenta e que cada vez saian mellor os nosos Paquetes de actividades e Espazos web, hai que seguir probando e practicando, aprendendo dos erros para mellorar.
Pouco a pouco esta nube estará máis clara e pasará o temporal!

jueves, 6 de febrero de 2014

Moi boas noites a tod@s!!!
Despois dunha merecida ducha ó remate dun día cargado de docencia, cursiño e temporal, párome a reflexionar de xeito "voluntario-forzoso" sobre a sesión de hoxe...
O entusiasmo de Carlos á hora de explicar podería ser moi contaxioso se eu non fose informáticamente tan analfabeta.O castelo de ilusións que fixen na miña cabeciña nas dúas últimas sesións, crendo que isto é pan comido, case case se me desmorona hoxe con tanta subcarpeta e subtítulos e subalgo. Pero non, non me rindo con tanta facilidade, xa que penso que esta ferramenta é moi útil e de proveito para o noso alumnado así que seguirei loitando contra a miña torpeza TIC e para iso necesito "fuchicar", errar e volver intentar ata que me saia como eu espero e quero.
Creo que foi unha grande ventaxa ter feito o cursiño  LIM o curso pasado, xa que iso me axuda a comprender un pouco o vocabulario que se manexa este ano, aínda que teño un largo camiño por diante!!!
Pode ser que tamén a miña condición de "cu inquedo" e ver resultados XA sen tanta teoría previa inflúa na miña aprendizaxe e tamén aquí teño que madurar.
Nunca chegarei a dominar nada das TIC completamente, pero o que aprenda gustaríame conservalo sempre e iso só está na miña man e para as que están coma min: ÁNIMO!!!Nothing is impossible.


miércoles, 5 de febrero de 2014

POÑER SON EN ARDORA

Déborah plantexou a posibilidade de engadir son nas actividades ardora, pensando sempre nos máis pequenos. Vos presento aquí unha posible solución que  dentro da miña ignoracia informática, que é moi ampla, atopei. Esta solución sería engadir un pequeno código HTML e un arquivo SWF. Isto sería viable só en presentacións de ESPAZOS WEB,  non en PAQUETES ARDORA.
Vos deixo un vídeo cos pasos a seguir e vos animo a que o intentedes e en especial a Déborah.

Observo que a calidade do vídeo é mala, así que vos deixo o código a continuación para que poidades facer probas:
<embed src="nomedoson.swf" loop="true" autostar="true" hidden="true"></embed>