viernes, 31 de enero de 2014
Primeiras impresións
Tras dar os primeiros pasos ca ferramenta de autor: Ardora, e despois de aventurarnos na creación das nosas primeiras actividades, a primeira conclusión que saco é que trátase dunha ferramenta sinxela, accesible, intuitiva e moi útil para os docentes.
Considero un aspecto moi positivo a posibilidade de personalizar e adecuar os contidos dos nosos materiais ás características concretas dos nosos alumnos.
Opino que Ardora posee unha gran variedade de actividades, que poden destinarse a un abanico máis amplio que por exemplo o Lim, non pola dificultade das actividades, que podemos elixir sen problemas;senon porque contén xogos máis axeitados para idades máis avanzadas como a ESO.
No que se refire ó coñecemento técnico é sinxelo.O docente non ten que coñecer un código de programación para crear as actividades, únicamente terá que solicitar ó programa que cree unhas actividades seguindo unha serie de plantillas. Sendo certo que é sinxelo e que non require de moitos coñecementos técnicos, debemos de ter coidado á hora de seguir uns pasos para gardar as actividades, e se as modificamos, teremos que volver a xenerar o HTML , por exemplo.
Outra das ventaxas que atopo é a opción de que algunhas actividades xeneren solas as mesmas, facilitando moitas veces o ter que crear de xeito aleatorio por exemplo, cantidades ou números.
Ademáis ,outro aspecto positivo é a súa disponibilidade en varios idiomas, entre eles o galego.
Aínda que todavía é cedo para falar do nivel de presentación das actividades, opino que o resultado das mesmas vai a ser máis pobre que as elaboradas o curso anterior ca ferramenta de autor Lim.
Xa para ir rematando no meu comentario, gustaríame plantexar unha dúbida:cabería a posibilidade de por audio ás
actividades explicando o enunciado ós alumnos de Educación Infantil que aínda non aprenderon a ler?
Imaxino compañeiros que a medida que avancemos no curso poderemos dar resposta a este e outros interrogantes que xurdan, así como de intercambiar novas impresións e experiencias no manexo desta ferramenta de autor.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Noraboa Déborah pola túa aportación ó blogue e as reflexións sobre esta ferramenta. Axiña faremos a presentación das actividades e ides ver que podemos facela un pouco máis atractiva para, sobre todo, o alumnado máis pequeno, neste caso eu recomendo presentar as actividades no denominado "espazo web" no que podemos xogar con pictogramas para acceder ás mesmas.
ResponderEliminarCon respecto ó audio, supoño que pensas na opción de LIM na que podíase engadir un altofalante en cada actividade onde incluír audio referido ó texto para resolver o problema con nenos máis pequenos ou incluso con algunha discapcidade. Isto non existe en ARDORA, pero tentaremos darlle unha solución, tentarei pensar nalgo. En calquera caso se compartes esta inquedanza co autor Jose Manual Bouzán Matanza estou certo de que tentará resolvelo en futuras versións do seu programa. O seu enderezo é: contacto@webardora.net
Moi boa análise da ferramenta que estades a empregar.
ResponderEliminarE xenial tamén as dúbidas e posibilidades de ampliación da mesma que propós.