Etiquetas

sábado, 13 de diciembre de 2014

TALENTOS MUSICAIS

Despois da 3ª sesión, xa non queda máis que por mans o traballo e ir ideando as futuras creacións.

Menos mal que temos o Nadal!

Porque, sen dúbida, unha das tarefas que máis tempo conleva é facerse co material, que por outra banda ten que ser "creative commons".
Nova nisto, xa no curso pasado comezara a recopilación de imaxes, fotos e sons para poder compoñer os meus traballos. Pero quedoume pendente o tema da música, xa que o ser tan comercial, non me parecía doado atopar material CC de calidade...

...e sen embargo...

...no mundo existe moita xente con creatividade disposta a compartir.

Deixovos una mostra, atopada en ccmixter.org (entre moitas)

http://ccmixter.org/files/lazztunes07/11395


* nada que envidiar a Get Lucky :)
* moitas gracias a toda a xente que comparte o seu talento!!

4 comentarios:

  1. Moi ben Lucía. Xa case me ía animar a escribir unhas letriñas, pero, visto que xo fixeches ti... deixo para outra ocasión.
    Debeume cheirar o dos talentos musicais. Hoxe é domingo e tocou Eucaristía; sempre canto, unhas veces mellor( si hai alguén do coro) e outras peor. O traballo en equipo sabemos que sempre é máis levadeiro. Bicos

    ResponderEliminar
  2. Anda! Eu tamén cantei nun coro de cámara e posteriomente nun octeto (xa non, porque cos nenos agora non hai tempo para unha) Pero é una experiencia que conecta con moitas sensacións e como ben dis, unha labor na que o traballo en equipo é fundamental. Bicos

    ResponderEliminar
  3. Ola Lucía,

    A verdade é que é moi interesante compartir creacións, pois así facilitámoslle o traballo a outras persoas e outros facilitan o noso. Traballo colaborativo xenial ;)

    Eu quería propoñervos, que vos animedes a probar unha app para dispositivo móbil coa que é moi fácil crear as nosas propias cancións (que o alumnado cree as súas propias cancións), que despois podedes usar de base para presentacións, vídeos de fotos, vídeos, ...

    A APP chámase NodeBeat e está dispoñible para Android e para iOs, deixovos aquí un enlace de cancións creadas polo alumnado de 5 anos dun cole:

    http://convigotablets.blogspot.com.es/search/label/NodeBeatHD

    E os enlaces para descargala:

    APP Store: https://itunes.apple.com/es/app/nodebeat/id428440804?mt=8

    Google Play: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.AffinityBlue.NodeBeat&hl=es

    Neste momento non está gratuíta, pero eu téñoa instalada, se queredes podemos probala na próxima sesión na que estea con vós.

    Un saudiño e moito ánimoa todas ;)


    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitísimas gracias pola aportación. Debido a situación que temos agora coa nova lei que dificulta aínda máis o emprego de obras con copyright, medra a necesidade de atopar outras saídas . E con ferramentas coma as que estamos aprendendo a desenrolar no curso, faise máis doada a tarefa. Poderíamos quizais atoparlle o lado positivo, xa que con este panorama actual, non queda máis que estimular a creatividade dos nenos... (e a nosa), que ven sendo un dos obxectivos fundamentais da escola.

      Eliminar