Etiquetas

viernes, 31 de enero de 2014

Primeiras impresións

Tras dar os primeiros pasos ca ferramenta de autor: Ardora, e despois de aventurarnos na creación das nosas primeiras actividades, a primeira conclusión que saco é que trátase dunha ferramenta sinxela, accesible, intuitiva e moi útil para os docentes. Considero un aspecto moi positivo a posibilidade de personalizar e adecuar os contidos dos nosos materiais ás características concretas dos nosos alumnos. Opino que Ardora posee unha gran variedade de actividades, que poden destinarse a un abanico máis amplio que por exemplo o Lim, non pola dificultade das actividades, que podemos elixir sen problemas;senon porque contén xogos máis axeitados para idades máis avanzadas como a ESO. No que se refire ó coñecemento técnico é sinxelo.O docente non ten que coñecer un código de programación para crear as actividades, únicamente terá que solicitar ó programa que cree unhas actividades seguindo unha serie de plantillas. Sendo certo que é sinxelo e que non require de moitos coñecementos técnicos, debemos de ter coidado á hora de seguir uns pasos para gardar as actividades, e se as modificamos, teremos que volver a xenerar o HTML , por exemplo. Outra das ventaxas que atopo é a opción de que algunhas actividades xeneren solas as mesmas, facilitando moitas veces o ter que crear de xeito aleatorio por exemplo, cantidades ou números. Ademáis ,outro aspecto positivo é a súa disponibilidade en varios idiomas, entre eles o galego. Aínda que todavía é cedo para falar do nivel de presentación das actividades, opino que o resultado das mesmas vai a ser máis pobre que as elaboradas o curso anterior ca ferramenta de autor Lim. Xa para ir rematando no meu comentario, gustaríame plantexar unha dúbida:cabería a posibilidade de por audio ás actividades explicando o enunciado ós alumnos de Educación Infantil que aínda non aprenderon a ler? Imaxino compañeiros que a medida que avancemos no curso poderemos dar resposta a este e outros interrogantes que xurdan, así como de intercambiar novas impresións e experiencias no manexo desta ferramenta de autor.

viernes, 24 de enero de 2014

Comezamos xa!

Pois ben, compañeiros e compañeiras, comezamos xa, fai un par de semanas, o novo PFC deste curso escolar. Nesta ocasión será ARDORA a ferramenta de autor que nos terá reunidos as tardes dos xoves e que nos brindará a oportunidade de elaborar actividades interactivas para o noso alumnado.
Trala primeira sesión na que contamos coa presenza da nosa coordinadora Tic no CFR, Cristina Puga, e unha segunda de nocións teóricas sinxelas e contacto visual co que imos ter entre mans, foi onte cando, finalmente, pasamos xa co que nos gusta, a acción!
A sesión comeza con reparto das actividades interactivas que nos ofrece ARDORA, e unha vez asignadas, ben en parella ou de xeito individual, poñémonos mans a obra. Contamos en todo momento cos videos de apoio que o noso coordinador abalar, Carlos elaborou con tanto esmero e que son de gran axuda  neste proceso. Esta traballo de elaboración de actividades en Ardora continuará na seguinte sesión, e tentaremos que, nunha terceira, que será xa expositiva, sexamos quenes de amosar ós demáis os pasos precisos para a realización de cada unha delas e teñamos unha visión xeral de todas. Aproveitaremos para por en común, dúbidas, curiosidades, e aprendamos da experiencia que tivo cada un de nós.

martes, 14 de enero de 2014

Richard Gerver entrevistado en Redes

Como na sesión do outro día falamos de Richard Gerver, gustaríame compartir convosco este video onde Punset lle fai unha entrevista no programa de Redes.

O vídeo é cortiño, 13 minutos máis ou menos, recomendo que o vexades ;)

lunes, 13 de enero de 2014

BENVIDA AO PFC ABALAR ARDORA

Como coordinador do PFC Abalar  deste curso 2013/2014, quero aproveitar este blogue para darvos a todos e todas os que participades neste proxecto á benvida ao mesmo.  Dende este medio gustaríme facer algunhas reflexións persoias que poidan axudar a un mellor e maior aproveitamento deste proxecto que desenvolveremos ó longo de case cinco meses. Cinco meses nos que tentaremos formarnos nesta ferramenta de autor,  ARDORA  de José Manuel Bouzán Matanza, e na que cada un decidirá posteriormente o tempo que seguirá ligado á mesma.
O fin deste proxecto é, entre outros, dotarnos de recursos, de medios que nos axuden a implementar dun xeito máis efectivo o emprego das novas tecnoloxías na aula. Isto, para tranquilidade de algúns ou de moitos, non significa ser uns "gurús" desta ferramenta, nin de calquera outra, non significa estar facendo tódolos días actividades avaliativas ou informativas;  significa, ó meu entender, coñecer un medio e saber o que nos poder aportar para o noso traballo na aula. Debo insistir en que a ferramenta debe estar ó noso servizo e non ó contrario. Debemos pois reflexionar en primeiro lugar que quero traballar co meu alumnado, como o vou traballar, que medios teño a miña disposición e a partires deste intre pensar en como podo empregar esta ferramenta (ou outra calquera) do xeito máis efectivo para dar resposta a esas preguntas iniciais.
Para finalizar animo a todos e todas os que formades, formamos, parte deste PFC a particpar con ilusión e traballo neste proxecto que de seguro vai aportar novos recursos para o noso traballo diario cos nosos alumnos e alumnas.
Unha aperta do voso compañeiro
Carlos