Etiquetas

jueves, 13 de febrero de 2014

Na búsqueda de material

Algo novo para min neste curso, tendo en conta que non participei nas anteriores edicións, é o emprego de imaxes e sons con licencia Creative Commons, e dicir, feitos por e para compartir. Un traballo que eu xa tiña elaborado, despois de anos de docencia, é ter todo o meu material didáctico en carpetas clasificadas por temáticas, para atopalo todo cando o precisara, aforrando tempo.
E agora, a saber cales delas serán Creative Commons!!
Así que, volta a empezar: nova carpeta coas suas subcarpetas para gardar material Creative Commons que previamente se buscará surfeando na rede ou facendo creacións propias.
O feito de ter que elaborar unha pequeña mostra de actividades das moitas opcións que ofrece ARDORA, por una banda, fíxome reflexionar sobre a multitude de variantes que se poden obter cara a traballar certos contidos e, por outra, investigar na búsqueda de material. De todas as actividades que se repartiron ó grupo, as miñas mans chegaron as relativas ós sons. Como ben dixen antes, carecía de calquer tipo de material para poder elaboralas, e ainda menos de palabras pronunciadas, elemento indispensable neste caso.
 Así que, despois de moito buscar, atopei una páxina moi interesante onde, previo rexistro, podedes descargar palabras pronunciadas en calquer idioma. Ainda máis, incluso podedes colaborar ca páxina deixando as vosas aportacións no idioma nativo.
http://es.forvo.com/
Ideal para as teachers!!

1 comentario:

  1. Moitas gracias pola túa aportación Lucía, a verdade é que a páxina está xenial para as profes de idiomas, e incluso para as de língua para que colaboren co seu alumnado na creación de novos vocablos pronunciados en español e galego, xa que a páxina permite engadir idiomas.

    Por outra banda as actividades estaban xenial, ides traballando nunha liña moi boa e o avance é excelente.

    ResponderEliminar