Ola compañeir@s:
Estou aquí para facer unha sesión de exercicios espirituais( unha reflexión vaia) sobre o GT que acabamos de "deixar".
Como ben tod@s sabedes, no último proxecto pasei un Calvario. En vez de cargar coa bolsa dos pendrives( porque a miña espalda non estaba para soportar pesos)... carguei coa cruz; cada un carga coas súas.
Sería por tratar o tema da Semana Santa? Igual sí, igual non.
" Xa tiña de ser así " ( Mª Luz: isto vai para ti polo comentario que fixemos in situ; Silvia: non falamos do cenáculo senón da sala de informática, jjjjj)
Pero non ía ser doutro xeito, despois da tristeza e sufrimento ( paixón!!! Silvia) chegou a resurrección, a luz, o froito dese traballo.
Foi unha entrega en corpo e alma. Carlos estaba aí, ao pé da cruz, como o apóstolo Xoán e tamén Rosa como María; vivindo o meu padecer.
Do mesmo xeito que Xesús non nos deixou, tampouco nós "deixemos" de loitar e sacrificarnos polo ben dos demais. Que se diga: " Pasaron polo mundo facendo o ben", ben sexa no CEIP Mestre Valverde Mayo ou noutros centros.
Moitos bicos e aloumiños.
PD. Igual me pasei con tanta referencia bíblica. Repasade profes, "é cultura".
Despídome co meu gran pendrive:
FACEDE COPIAS!!
*As imaxes en jpg, non digades nada.*
jueves, 16 de abril de 2015
martes, 3 de marzo de 2015
Aportarei eu tamén...
Bos días a todas e a Carlos :):):)
Teño que admitir, que o GT resúltame moi, moi cómodo á hora de traballar e elaborar os contidos que me interesan.Así era como o imaxinaba.Ambiente concentrado (a maioría das veces, que hai algunha cotorra que outra, e é incrible que o diga eu co pouco que falo...!), ter a Carlos aí en caso de emerxencia (que é un puntazo, aínda que o coitado é interrompido constantemente nas súas tarefas), e ter tempo para pensar, elaborar e sentirse orgullosas.Sí, síntome moi orgullosa do acadado por min e non é que sexa gran cousa, pero tendo en conta como nos levamos a informática e esta menda, estou eufórica e febril pensando en máis traballos por elaborar.
Sempre é productivo estar nun grupo con bo clima e ter un coordinador polivalente.
Grazas!!!
Teño que admitir, que o GT resúltame moi, moi cómodo á hora de traballar e elaborar os contidos que me interesan.Así era como o imaxinaba.Ambiente concentrado (a maioría das veces, que hai algunha cotorra que outra, e é incrible que o diga eu co pouco que falo...!), ter a Carlos aí en caso de emerxencia (que é un puntazo, aínda que o coitado é interrompido constantemente nas súas tarefas), e ter tempo para pensar, elaborar e sentirse orgullosas.Sí, síntome moi orgullosa do acadado por min e non é que sexa gran cousa, pero tendo en conta como nos levamos a informática e esta menda, estou eufórica e febril pensando en máis traballos por elaborar.
Sempre é productivo estar nun grupo con bo clima e ter un coordinador polivalente.
Grazas!!!
lunes, 26 de enero de 2015
AS MIÑAS DÚBIDAS EXISTENCIAIS ANTE O GRUPO DE TRABALLO
Facía tempo que non escribía no blog, estou diante do
computador e non se que pór. ¿Será medo a non estar á altura dos meus
compañeiros ou pánico a meter a pata?. Rosa ¡ánimo, a vida son dous día! Ouzo a
voz dun duendecillo cun lixeiro sorriso de ironía na miña cabeza hai que
valorar o que aprendo neste grupo. Os meus compañeiros os mellores. Bego
¡¡¡grazas!!!.
Esta semana terminamos o tempo de preparación do proxecto. O
noso está focalizado na biblia.
Agora toca que os niñs desenvolvan os exercicios sobre este
tema.
A inseguridade apodérase de min igual que as lapas ás rocas
nun día de tormenta e penso reláxache que non pasa nada, ¡¡¡ou si!!!
Rosa.
martes, 20 de enero de 2015
Despois da tormenta...
SOCORRO!!! Non o fixera, e claro, a repetir.
Despois dunha fin de semana traballando e adiantando cousas (moita choiva e frio axudaron para estar en casa) o luns chego o cole e alguén que me escoita falar con una compañera coa que vou traballar o meu proxecto dime que en galego dise DINOSAURO e non DINOSAURIO. Imaxinade a cara que me queda pensando en todas as veces que aparece a palabra dinosaurio nos meus traballos. SOCORRO outra vez!!! Volta a repetir e correxir os traballos!.
Está claro que o meu problema non e facer as actividades e traballar cos programas porque xa os vou entendendo ( con algunas dificultades)e porque non, dicir que me gusta cada vez máis traballar con eles (quen mo ia dicir a min que casi nin sabía mandar un e-mail).
O meu problema está nestas tonterías como a de pechar o programa sen máis, ou non comprobar o vocabulario, ( se o fixera en inglés).
Hoxe xa esta todo máis ou menos rematado e volvo a frase coa que empecei,
DESPOIS DA TORMENTA SEMPRE CHEGA A CALMA!
Ou na versión máis moderna, mantén a calma e usa o teu cerebro!
jueves, 8 de enero de 2015
Arribaaaa que toca ir ao cole....!
Que rápido pasa o tempo... todo o bo remata e, como xa estamos de volta, hai que seguir funcionando neste grupo de traballo tan ameno!
Recoñezo que cando ás 07: 50h. soou o espertador pensei: "Mi madriña que pereza e ... aínda por riba ... ata ás 19 h. no cole.¡Apuffffffffffffffffffffffffffffffffffffff!".
A verdade que non foi tan duro como pensaba ("jajaja"). Aproveitamos moi ben a tarde: repartímonos para as nosas creacións e cada un ao seu(deixando claro que formamos un gran equipo e axudámonos moito). Ao principio, atranqueime un pouco pero, logo, xurdíromme unha morea de ideas e fixen un pequeno guión do que quero traballar e conseguir cos meus alumnos. ¡E xa a polo en marcha utilizando moitos recursos: LIM, XOGAMOS, ARDORA....! ¡ Canto aprendemos!
¡Moi ben compañeiros! ¡A seguir así de aplicados!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




