Etiquetas

lunes, 8 de diciembre de 2014

POR XUSTIZA A MIÑA TEN QUE SER A PRIMEIRA ENTRADA...

Ou máis ben a segunda, xa Carlos, el tan dilixente se adiantou...

Isto vai por ti Bea!!! que o curso pasado  moita bronca me botaches por non facer entradas ao blog. E que razón tiñas, mil desculpas a todas, non me costaba nada facelo. Pois ajora sí vai:

A verdade é que aínda non sei moi ben que escribir: que xa levamos dúas sesións e que cando estou no curso pásaseme o tempo moi rápido, gústame moito ir facendo o que nos vai indicando Carlos (ou "fuchicando" mentres Carlos explica, que as mulleres somos quen de facer as dúas cousas á vez, je, je...).

É ademáis unha boa ocasión para poñernos na pel dos nosos alumnos e alumnas: un profe dando o coñazo (non é por ti eh? Carlos), e nos con ganas de soltar a gracia... Ay que paciencia!!

Pois nada, que este ano xa solo nos queda unha sesión e logo veñen as vacacións. Deixo un vídeo cunha idea para pedir aos reis magos, poida que xa a coñezades pero paréceme moi práctico... (a ver si o consigo, claro, que eu escribir escribo pá diante pero xa meter links, enlaces, e bla bla bla é outra historia). Ben, creo que xa está porque me di que your video will be hera when finish, que significa que o vídeo estará cando remate ou algo así, non María e Silvi??

Si é que ata aprendemos english!!

Moitos bicos a todas e un a Carlos que logo a Ángeles se me cela.

Celia





2 comentarios:

  1. Aí Celia, ves como non era tan difícil!! E que ben o pasaches co usb wine...Haberá outras versións? Sería interesante o usb TIC, o usb TEACHER...

    ResponderEliminar
  2. Celia, you were so excited writing for your first time, that you didn't realize there is another English teacher in the group... ha, ha, ha...
    Yeah, it's me! the person who is sitting next to you in the class!!

    ResponderEliminar