Etiquetas

jueves, 10 de abril de 2014

FIN DO PFC

Como quen di comezamos onte e aquí estamos...no final do noso proxecto de formación. Todo quedou dito na sesión de hoxe, a derradeira. Os traballos presentados reflectiron o traballo realizado. Máis aló das horas oficiais recoñecidas, o afán de superación de cada un de vós, afondando moito máis do inicialmente previsto crean un antes e despois neste proxecto de formación, certo é que motivou algún que outro agobio, e perda de FE nalgúns casos (Sor Cielito), aínda que logo atopou a luz do camiño (sería FENOSA ou Deus, nunca o saberemos), pero o resultado do visto hoxe é IMPRESIONANTE!. Só podo darvos os meus parabéns, felicitarvos e animarvos. Como escribín naquela primeira entrada neste blogue, a seguir traballando nese cambio metodolóxico...Nas vosas mans está decidir o tempo que ides estar traballando con esta aplicación.
GRAZAS a todos e todas pola vosa paciencia e comprensión. Queda aquí ese pequeno vídeo de despedida que resume de xeito humorístico dúas cousas GARDAR E PUBLICAR!... E lembrade o DESTINO (Sor Cielito capítulo I versículo 46).

1 comentario:

  1. FENOSA menos mal que me suministrou para poder traballar con Ardora na casa, jjj.
    Grazas a ti; tanto pola paciencia con cada un de nós como por esa man amiga sempre atenta a cada necesidade.
    Xa farei o meu artigo final porque a esta hora xa non estou capacitada.
    Bego.

    ResponderEliminar