Etiquetas

lunes, 26 de enero de 2015

AS MIÑAS DÚBIDAS EXISTENCIAIS ANTE O GRUPO DE TRABALLO


Facía tempo que non escribía no blog, estou diante do computador e non se que pór. ¿Será medo a non estar á altura dos meus compañeiros ou pánico a meter a pata?. Rosa ¡ánimo, a vida son dous día! Ouzo a voz dun duendecillo cun lixeiro sorriso de ironía na miña cabeza hai que valorar o que aprendo neste grupo. Os meus compañeiros os mellores. Bego ¡¡¡grazas!!!.

Esta semana terminamos o tempo de preparación do proxecto. O noso está focalizado na biblia.

Agora toca que os niñs desenvolvan os exercicios sobre este tema.

A inseguridade apodérase de min igual que as lapas ás rocas nun día de tormenta e penso reláxache que non pasa nada, ¡¡¡ou si!!!

Rosa.

martes, 20 de enero de 2015

Despois da tormenta...



     Pois iso foi o que pensei o pasado xoves cando de madrugada espertei coa tormenta e... entre volta e volta pensei: eu gardei o que fixen esta tarde?, non me lembro de que exportara e publicara!!!
SOCORRO!!! Non o fixera, e claro, a repetir.
     Despois dunha fin de semana traballando e adiantando cousas (moita choiva e frio axudaron para estar en casa) o luns chego o cole e alguén que me escoita falar con una compañera coa que vou traballar o meu proxecto dime  que en galego dise DINOSAURO e non DINOSAURIO. Imaxinade a cara que me queda pensando en todas as veces que aparece a palabra dinosaurio nos meus traballos. SOCORRO outra vez!!! Volta a repetir e correxir os traballos!.
     Está claro que o meu problema non e facer as actividades e traballar cos programas porque xa os vou entendendo ( con algunas dificultades)e porque non,  dicir que me gusta cada vez máis traballar con eles (quen mo ia dicir a min que casi nin sabía mandar un e-mail).
 O meu problema está nestas tonterías como a de pechar o programa sen máis, ou non comprobar o vocabulario, ( se o fixera en inglés).
     Hoxe xa esta todo máis ou menos rematado e volvo a frase coa que empecei,

                      DESPOIS DA TORMENTA SEMPRE CHEGA A CALMA!

Ou na versión máis moderna, mantén a calma e usa o teu cerebro!

jueves, 8 de enero de 2015

Arribaaaa que toca ir ao cole....!

                                        


                     





Que rápido pasa o tempo... todo o bo remata e, como xa estamos de volta, hai que seguir funcionando neste grupo de traballo tan ameno!



Recoñezo que cando ás 07: 50h. soou o espertador pensei: "Mi madriña que pereza e ... aínda por riba ... ata ás 19 h. no cole.¡Apuffffffffffffffffffffffffffffffffffffff!".
A verdade que non foi tan duro como pensaba ("jajaja"). Aproveitamos moi ben a tarde: repartímonos para as nosas creacións e cada un ao seu(deixando claro que formamos un gran equipo e axudámonos moito). Ao principio, atranqueime un pouco pero, logo, xurdíromme unha morea de  ideas e fixen un pequeno guión do que quero traballar e conseguir cos meus alumnos. ¡E xa a polo en marcha utilizando moitos recursos: LIM, XOGAMOS, ARDORA....! ¡ Canto aprendemos! 


¡Moi ben compañeiros! ¡A seguir así de aplicados!