Etiquetas

jueves, 6 de febrero de 2014

Moi boas noites a tod@s!!!
Despois dunha merecida ducha ó remate dun día cargado de docencia, cursiño e temporal, párome a reflexionar de xeito "voluntario-forzoso" sobre a sesión de hoxe...
O entusiasmo de Carlos á hora de explicar podería ser moi contaxioso se eu non fose informáticamente tan analfabeta.O castelo de ilusións que fixen na miña cabeciña nas dúas últimas sesións, crendo que isto é pan comido, case case se me desmorona hoxe con tanta subcarpeta e subtítulos e subalgo. Pero non, non me rindo con tanta facilidade, xa que penso que esta ferramenta é moi útil e de proveito para o noso alumnado así que seguirei loitando contra a miña torpeza TIC e para iso necesito "fuchicar", errar e volver intentar ata que me saia como eu espero e quero.
Creo que foi unha grande ventaxa ter feito o cursiño  LIM o curso pasado, xa que iso me axuda a comprender un pouco o vocabulario que se manexa este ano, aínda que teño un largo camiño por diante!!!
Pode ser que tamén a miña condición de "cu inquedo" e ver resultados XA sen tanta teoría previa inflúa na miña aprendizaxe e tamén aquí teño que madurar.
Nunca chegarei a dominar nada das TIC completamente, pero o que aprenda gustaríame conservalo sempre e iso só está na miña man e para as que están coma min: ÁNIMO!!!Nothing is impossible.


2 comentarios:

  1. O importante é non caír no desánimo. Don´t worry be happy! Todo ten solución. Na vindeira sesión ides ver os vosos traballos e vos decataredes do avanzados que estades. Xa sodes capaces, neste intre, de elaborar e presentar ó voso alumnado actividades interactivas... e só en 6 sesións...NON É ISTO VER RESULTADOS!

    ResponderEliminar
  2. Ola!.
    Certo que foi unha sesión intensa, chea de contidos que temos que asimilar e practicar: carpetas e subcarpetas, arquivos precisos e onde teñen que estar, cando son .html ou .jar, ver como se fan os menús que tanto me gustaron para empregar co alumnado...
    Avanzamos paseniñamente, cada vez usamos un vocabulario máis correcto, coñecemos novos aspectos das actividades interactivas, elaboramos algunhas e pronto poderemos presentalas na aula...Claro que tamén xurdiron dúbidas que imos resolvendo coa axuda de Carlos, pero iso indica que temos interese en aprender.
    Agora queda "fuchicar" como di Ana e probar ata que nos saian, ser constantes e non perder o ánimo porque non é unha carreira de velocidade senón de resistencia, que Ardora non se domina nun día (polo menos no meu caso).
    Temos que pensar que podemos facelo, ou doutro xeito, YES, WE CAN!

    ResponderEliminar