Etiquetas

martes, 25 de marzo de 2014

COMO MODIFICAR COR DE FONDO EN ARDORA

Ola a todos e todas:
Ese alumnado aventaxado que xa ten subidas actividades en Ardora na páxina web (máis adiante pasaremos os nomes e as matrículas dos seus vehículos) está a demandar a posibilidade de poñer unha cor de fondo nas páxinas html que xenera ARDORA (non confundir cos paquetes) e aquí vos presento unha opción doada de facer. Necesitades o bloc de notas de windows e GOOGLE. O proceso é o seguinte: Cando nós publicamos a actividade xenera un código html e debemos fixarnos no apartado que pon "body", para iso collemos o arquivo html e clicamos co botón dereito para abrilo co "bloc de notas" e comprobamos que o código é o seguinte <body> (ver imaxe 1), ou sexa en branco. Como facemos para darlle cor? Pois escribimos o seguinte códígo : <body style="background-color: #3366FF"> (Imaxe 2). O elemento con almofada seguido de números e letras é a cor (neste caso azul). Para cambiar a cor ides a GOOGLE e procurades unha páxina de cores hexadecimais e escolledes o que queirades. Deixo unha ligazón a unha páxina de cores : http://html-color-codes.info/codigos-de-colores-hexadecimales/




 Imaxe 1
Imaxe 2


Espero que vos sirva de axuda! Por certo,  as matrículas dos listillos son....






No hay comentarios:

Publicar un comentario