Etiquetas

domingo, 6 de abril de 2014

Visualizando o proxecto final

Despois dunha tarde longa e tendida con Ardora... , esa que nos trae a todos tolos, asoma "Sor" unha vez máis para contar como nos imos achegando ao remate do curso.

Amiguiños teño que expresa que o ambiente que se palpa no cole esta última semana é de "agobio" por falta de tempo para crear os nosos proxectos finais.

O día que houbo que matinar na maneira como  enfocar as  nosas unidades, direivos que naquela tarde todo era escuro, non vía a luz por ningún lado; unha sesión de frustración.

Despois na casa empecei a darlle voltas e máis voltas e unha luz foime abrindo camiño no medio das tebras( escribe Sor ; ten que notarse).
Alguén no cole me dicía que o Espirito só non chegaba, creo que algo fixo; outros que  non perdera a fe en min mesma; ...

A estas alturas e despois dun gran tempo adicado ( moitos barrigazos) podo dicir que conseguín superar aquel atranco e o proxecto de Palestina está avanzado.
Son moitísimos pasos e moitas tareas a facer: escoita titoriais; abre actividade ardora; pausa o vídeo; cubre os campos; visualiza, non me gusta, cambia de novo; volve darlle ao ollo, grava e publica( pensa no destino); fai paquetes e busca aquel que mellor vai co teu tema ( logo seguro que non é o máis lexible);  . . .
Neste proxecto están incluídas actividades interactivas, multimedias e outras en servidor.
Queda por finalizar para poder presentalo no próximo xoves ( esta semana vai ser en "corpo e alma").

Ao final vai ser o que dixo o profe: puxemos o listón moi alto!! jijijiji
Carlos ten moita confianza en nós e sabe que serán moi bos traballos.
Isto é o empurrón final. 
A ver que sae compañeiros do camiño.
Bicos de Bego.








2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Ves como tiñas que ter fe, ó final a luz chegou e o señor amosou a camiño a seguir "herpana mia, nuncas perdala f en ARDORA"... ó FINAL TES ACTIVIDADES MULTIMEDIA. INTERACTIVAS E EN SERVIDOR...así tes jañado o ceo juapa...!

    ResponderEliminar