Etiquetas

sábado, 1 de marzo de 2014

SESIÓN 9

Teño que recoñecer que aínda que o meu con Ardora, non foi, nin moito menos! un "amor a primeira vista", a medida que a nosa relación avanza, xa van 9 sesións, isto parece que vai cambiando, será por aquilo de que "o roce fai o cariño". Certo é que os comenzos non foron doados, (parecíame moito máis complexa, menos atractiva e menos axeitada para os "pequerrechos" que o L.I.M.), xa sei, "as comparacións sempre son odiosas". Pero co tempo, aínda que o de complexa non cambiou, creo que Ardora é unha ferramenta interesante e a ter en conta na nosa practica educativa diaria, xa que nos permite crear actividades motivadoras e dinámicas á vez que favorece o uso das T.I.C. no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Na sesión do xoves 27, presentamos as actividades multimedia que elaboramos na sesión anterior, e aínda que a que "nos caeu en sorte", e verdadeiramente foi unha sorte porque era moi doada, á miña "compi" e a min, non tiña maior interese, descubrín outras que encerran grandes posibilidades como o Libro, Zoom, Reproductores ou Panorama Interactivo.
O xoves, o Mestre nominado a "Os Globos de Ouro", eu podería engadir a nominación a "Santo Job", polo da paciencia (comigo), rematou a sesión dicindo: "xa estades capacitados para crear actividades en Ardora", ¡grazas Carlos pola túa confianza!, eu non me sinto aínda capaz, pero prometo non caer no desánimo.Paga a pena intentalo!



No A quedaba moito mellor Ardora!

1 comentario:

  1. Moi boa esta imaxe Patri! Seguro que así coñecen mellor as letras. Por certo SI ESTADES XA CAPACITADOS PARA REALIZAR CALQUERA ACTIVIDADE, estou moi, pero que moi seguro!

    ResponderEliminar