Aleluia!! un respiro despois dese "final".
Na miña primeira entrada neste blogue puxen a imaxe dun espazo web. Levaba un pendrive como aquel inicio onde Carlos nos meteu todo o material do curso;un ordenador que simulaba en proceso naquel intre e unha medalla como un bo traballo final .
Despois de moitas horas de desvelo e moitas desilusións ese proxecto final chegou.
Creo que cada un de nós fixo o que mellor puido (aínda que sabemos que todo é mellorable) e dos resultados puidemos aprender para outros posibles temas.
Ao longo do curso as nosas caras eran reflexo de como iamos funcionando.
Creo que o último día, e despois de ver os resultados, a nosa expresión era de satisfeitos.
E como nota final unha cita bíblica " Pedide, e darásevos; buscade, e atoparedes; chamade, e abrirásevos.
Porque todo o que pide, recibe; e o que busca, atopa; e ao que chama, abriráselle…" ( Mt 7, 7.8).
Esta frase vai porque Carlos dixo que intentou darnos todo o que pedimos, que foi moito.
Bicos compañeiros. Ardora creou un ambiente distinto entre nós.
Bego

No hay comentarios:
Publicar un comentario