Con que..."acojonado" profe?? Non sei o motivo...os demais estamos todos ben tranquilos:).
En fin...que certamente, isto do Ardora ten unha dificultade agochada que fai tamén que nos podamos plantexar diferentes obxectivos no noso traballo co alumnado, especialmente nos cursos superiores.
Fai dúas sesión que chegou ás nosas vidas as "actividades en servidor" e, dende entón...XA VIN A LUZ Ó FINAL DO TÚNEL!!Ben podería ser porque as miñas constantes vitais empezan a mermarse ou porque xa o teño todo clarísimo. Pos si! Finalmente comprendín que todo se reduce a:
1. Servidor: despensa na que cada un deixa a súa aportación e da que eu tamén me alimento.
2. Actividades en servidor: pos-its onde colgamos as nosas aportacións.
E ben, agora si que o temos todos e todas ben clariño, non si?? Non é preciso que me deades as grazas por estas aclaración (que sei foron de grande axuda) pero por si aínda queda algunha dúbida que resolver, deixo plasmación gráfica.
Ata outra meus!!
O pos-it fucsia non vai moi ben; elixiría outra cor de fondo: pouco nítida para a lectura.
ResponderEliminarAdemais pensa noutra ubicación para esa despensa, jjj.
Pero a idea foi moi creativa. Noraboa!!
Querida cielito mia, terei en conta a túa apreciación cromática, certamente ás veces a miña paixón pola devandita cor fai que perda o criterio de selección.
ResponderEliminarGracias polos ánimos!