Etiquetas

jueves, 16 de abril de 2015

VÍA CRUCIS con máis de catorce estacións

Ola compañeir@s:
Estou aquí para facer unha sesión de exercicios espirituais( unha reflexión vaia) sobre o GT que acabamos de "deixar".
Como ben tod@s sabedes, no último proxecto pasei un Calvario. En vez de cargar coa bolsa dos pendrives( porque a miña espalda non estaba para soportar pesos)...  carguei coa cruz; cada un carga coas súas.
Sería por tratar o tema da Semana Santa? Igual sí, igual non.
" Xa tiña de ser así " ( Mª Luz: isto vai para ti polo comentario que fixemos in situ; Silvia: non falamos do cenáculo senón da sala de informática, jjjjj)
Pero non ía ser doutro xeito, despois da tristeza e sufrimento ( paixón!!! Silvia) chegou a resurrección, a luz, o froito dese traballo.
Foi unha entrega en corpo e alma. Carlos estaba aí, ao pé da cruz, como o apóstolo  Xoán e tamén Rosa como María; vivindo o meu padecer.

Do mesmo xeito que Xesús non nos deixou, tampouco nós "deixemos" de loitar e sacrificarnos polo ben dos demais. Que se diga: " Pasaron polo mundo facendo o ben", ben sexa no CEIP  Mestre Valverde Mayo ou noutros centros.
Moitos bicos e aloumiños.

PD. Igual me pasei con  tanta referencia bíblica. Repasade profes, "é cultura".

Despídome co meu gran pendrive:  
FACEDE  COPIAS!!

*As imaxes en jpg, non digades nada.*

No hay comentarios:

Publicar un comentario