SOCORRO!!! Non o fixera, e claro, a repetir.
Despois dunha fin de semana traballando e adiantando cousas (moita choiva e frio axudaron para estar en casa) o luns chego o cole e alguén que me escoita falar con una compañera coa que vou traballar o meu proxecto dime que en galego dise DINOSAURO e non DINOSAURIO. Imaxinade a cara que me queda pensando en todas as veces que aparece a palabra dinosaurio nos meus traballos. SOCORRO outra vez!!! Volta a repetir e correxir os traballos!.
Está claro que o meu problema non e facer as actividades e traballar cos programas porque xa os vou entendendo ( con algunas dificultades)e porque non, dicir que me gusta cada vez máis traballar con eles (quen mo ia dicir a min que casi nin sabía mandar un e-mail).
O meu problema está nestas tonterías como a de pechar o programa sen máis, ou non comprobar o vocabulario, ( se o fixera en inglés).
Hoxe xa esta todo máis ou menos rematado e volvo a frase coa que empecei,
DESPOIS DA TORMENTA SEMPRE CHEGA A CALMA!
Ou na versión máis moderna, mantén a calma e usa o teu cerebro!


María, seguro que o estades facendo máis que ben. E que esas actividades van a estar ao nivel das do ano pasado ou mellor.
ResponderEliminarMoito ánimo